xull 10 2006

DVIEW eliminado do AutoCAD LT 2007!

Published by makeijan at 4:50 pm under AutoCAD

Pois xa comezan as sorpresas negativas. Xa foi bastante malo descubrir que non ían nin DVIEW nin VISTADIN, pero é que a xustificación de Autodesk de que eran comandos 3D... é que ata hai dous meses non o eran?.

Nin _DVIEW nin VISTADIN... :-(
Afortunadamente atopei unha solución para o meu problema nas news de Autodesk. Trátase de activar a variable de sistema UCSFOLLOW e logo usar UCS (ou SCP)

UCSFOLLOW 1
SCP Z

Dese xeito, podes emular VISTADIN lAdeo, introducindo o ángulo de xiro do debuxo. Tamén hai unha opción moi interesante (seguramente xa a habería pero non a coñecía), que é SCP oBjeto, esta alinea o Sistema de Coordenadas Persoal horizontalmente co obxecto elexido. Estouno probando e é realmente práctico. Aliñar a un eixo agora é un clic de rato. ;-)

Eche o que hai _UCS ou SCP

Dous detalliños máis:

  1. UCSFOLLOW almacénase en cada xanela. Con isto quero dicir, que ten un valor para o espacio modelo mosaico, e outro para cada espacio modelo flotante (cada xanela creada no espacio papel). Agora chámanlle presentacións, e outros nomes máis fashion pero é o mesmo conto.
  2. SCP fai un Zoom Extensión despóis de xirar, así que non te mates coa escala ata que teñas perfectamente aliñado como queres o debuxo.
  3. Os ángulos que se lle dan SCP son relativos. Isto é unha diferencia significativa con respecto a VISTADIN (onde son absolutos), que me fixo tolear 15 minutos.

Espero que lle sirva de axuda a alguén.

Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume