xull 12 2006

Empanada de millo corvo

Published by makeijan at 10:34 am under Gastronomía

Entre as miñas afeccións está a gastronomía (se me coñeces persoalmente, poderás dicir que se me nota ben ;-)). Ía comezar cunhas receitas este apartado, pero a semana pasada tomei algo que me deixou realmente abraiado.

Invitáronme ó aniversario do fillo duns amigos. Un día fermoso, o aire libre, tomando albariño e o que caera. Qué máis podía pedir?. Pois algo do que caeu, era a primeira vez que o tomaba. Unha empanada de mexillóns con masa de millo corvo. A primeira impresión foi a de que era un doce. A cor da masa era coma a dun biscoito mollado en viño tinto da casa. Tiven que facerlle unha fotiño, coa modesta cámara do móbil que era o que tiña a man. Aquí a tedes:Empanada de millo corvo e mexillóns

O certo é que a imaxe non lle fai xustiza. Móbil cativo o meu.

A artista foi a avoa do homenaxeado. Xa me tiñan falado deste mítico manxar, e por fin tiven a oportunidade de probalo, e comprobar que a sona lle viña por algo. Masa esponxosa, moi levedada, coma a dun doce.
Quén pode dicir que tomou unha empanada de millo corvo?.

Buscando pola rede atopei que, relativamente perto de onde vivo, en Meiro (Bueu), fanlle unha festa a esta caste de millo. Este ano xa pasou... pero para o próximo tentarei non fallar.

Ligazóns úteis

Asociación cultural de Meiro

A recuperación do millo corvo - Culturagalega.org

Chuzame! chúzame -

2 Responses to “Empanada de millo corvo”

  1. cavanoon 24 set 2006 at 5:36 pm

    O lugar do millo corvo é Meiro en Bueu. Pode quedar preto pero non é de Marín.

  2. makeijanon 24 set 2006 at 9:57 pm

    Correxido. Gracias pola información. Vese que non me documentei moito ;-).

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume