Xull 14 2006
Un amigo famoso
Algunha vez me teño parado a pensar como cambiaría a miña vida se, de súpeto, me fixera famoso. Non é o meu caso, pero pode que sexa o dun amigo. Santiago González acaba de comunicarme que é o gañador do premio de novela por entregas de La Voz de Galicia, con "Game Over".
Para quen non saiba de que falo, trátase do VI PREMIO DE NOVELA POR ENTREGAS "LA VOZ DE GALICIA", concurso convocado polo anteriormente mentado xornal, no que os premios son; a publicación da novela durante o mes de agosto, acompañada de ilustracións, na contraportada do periódico, durante o mes de agosto; igualmente aparecerá na edición dixital da publicación; ademáis de 6.000€.
Espero que unha parte a invirta en pagar uns Matusalem, cando volte de Francia, (onde se atopa facendo un curso), xa que según me ía comentando nas poucas ocasións que coincidimos este ano, hai algún personaxe que está baseado dalgunha maneira en min. Por todo isto, e por máis cousas que non veñen a conto, aproveito estas liñas para felicitalo dende aquí.
Que eu saiba é a segunda vez que se presenta a este premio. O ano pasado foi finalista con "E agora qué?", a cal se ben era unha peza que me sorprendeu máis que positivamente en xeral, para os que o coñecen ten o aliciente extra, de tratar de primeira man, a algúns dos seus personaxes e incluso algún dos feitos alí relatados.
O ano pasado non gañou, porque non aparecía o meu carisma reflectido na historia. Vese que este ano andivo máis fino. ;-)
Actualización:
Acabo de engadir a nova de La Voz, na que aparece premiado. Santiago Lopo... estes artistas é o que che teñen XD.
Ligazóns: Nova dos Finalistas, Fallo do xuri, A novela día a día na edición dixital de La Voz de Galicia
chuzame -





Eu tiven a sorte de ler a do ano pasado, a que quedou finalista, e a verdade é que me encantou; así que estou desexando ler a deste ano. Noraboa Santi.