xull 20 2006
Eqdist por Desfase. Qué pasa con Autodesk?
Atopo incrible este tipo de cambios. Cantos anos levamos usando EQDIST? E por riba Autodesk empéñase en que eliminemos a liña de comandos e usemos as súa Paletas. Afortunadamente os Alias (o famoso acad.pgp ou acadlt.pgp, según versión), poden facer que este cambio sexa transparente para nos. Chega con substituir un Eqdist por Desfase e asunto solventado.En fin, imos ó choio. Aquí temos a nova marabilla en acción.
Non sei dende cando ten estas novas opcións, mais eu descubrinas desta volta. Agora podemos elexir entre:
- Punto a atravesar : Unha nova opción que é similar a marcar unha distancia co rato, pero sen ter que utilizar interseccións ficticias.
- Borrar: Que viría sendo o mesmo que en MIRROR (SIMETRIA). Por defecto, non se eliminará, pero este valor queda almacenado nunha variable, e repetirase en toda a sesión.
- Capa : Podes elexir a capa de destino neste movemento, entre a de orixe e a actual. Por defecto, fara a copia como de costume, na de orixe.
Aínda non usei moito as novas opcións, pero de seguro a miña preferida vai ser trocar a capa actual o elemento desplazado.
chúzame -




