Xull
12
2006
Entre as miñas afeccións está a gastronomía (se me coñeces persoalmente, poderás dicir que se me nota ben ;-)). Ía comezar cunhas receitas este apartado, pero a semana pasada tomei algo que me deixou realmente abraiado.
Invitáronme ó aniversario do fillo duns amigos. Un día fermoso, o aire libre, tomando albariño e o que caera. Qué máis podía pedir?. Pois algo do que caeu, era a primeira vez que o tomaba. Unha empanada de mexillóns con masa de millo corvo. A primeira impresión foi a de que era un doce. A cor da masa era coma a dun biscoito mollado en viño tinto da casa. Tiven que facerlle unha fotiño, coa modesta cámara do móbil que era o que tiña a man. Aquí a tedes:
O certo é que a imaxe non lle fai xustiza. Móbil cativo o meu.
A artista foi a avoa do homenaxeado. Xa me tiñan falado deste mítico manxar, e por fin tiven a oportunidade de probalo, e comprobar que a sona lle viña por algo. Masa esponxosa, moi levedada, coma a dun doce.
Quén pode dicir que tomou unha empanada de millo corvo?.
Buscando pola rede atopei que, relativamente perto de onde vivo, en Meiro (Bueu), fanlle unha festa a esta caste de millo. Este ano xa pasou... pero para o próximo tentarei non fallar.
Ligazóns úteis
Asociación cultural de Meiro
A recuperación do millo corvo - Culturagalega.org
chuzame -
Xull
10
2006
Pois xa comezan as sorpresas negativas. Xa foi bastante malo descubrir que non ían nin DVIEW nin VISTADIN, pero é que a xustificación de Autodesk de que eran comandos 3D... é que ata hai dous meses non o eran?.

Afortunadamente atopei unha solución para o meu problema nas news de Autodesk. Trátase de activar a variable de sistema UCSFOLLOW e logo usar UCS (ou SCP)
UCSFOLLOW 1
SCP Z
Dese xeito, podes emular VISTADIN lAdeo, introducindo o ángulo de xiro do debuxo. Tamén hai unha opción moi interesante (seguramente xa a habería pero non a coñecía), que é SCP oBjeto, esta alinea o Sistema de Coordenadas Persoal horizontalmente co obxecto elexido. Estouno probando e é realmente práctico. Aliñar a un eixo agora é un clic de rato. ;-)

Dous detalliños máis:
- UCSFOLLOW almacénase en cada xanela. Con isto quero dicir, que ten un valor para o espacio modelo mosaico, e outro para cada espacio modelo flotante (cada xanela creada no espacio papel). Agora chámanlle presentacións, e outros nomes máis fashion pero é o mesmo conto.
- SCP fai un Zoom Extensión despóis de xirar, así que non te mates coa escala ata que teñas perfectamente aliñado como queres o debuxo.
- Os ángulos que se lle dan SCP son relativos. Isto é unha diferencia significativa con respecto a VISTADIN (onde son absolutos), que me fixo tolear 15 minutos.
Espero que lle sirva de axuda a alguén.
chuzame -
Xull
07
2006
En realidade, o que fixen foi modificar o tutorial, para que fose máis doado de visitar, e engadir algunha función máis. No traballo estou tentando levar o control de incidencias dende un. O máis pesado sempre é o comezo, crear as etiquetas, pensar como vai ser máis cómodo... pero ten pinta de ir quedar bastante ben. Próximamente terei que atacarlle ós plugins e ó deseño. Penso que a versión en galego, pode ser maís atractiva cun pouco de tuning. Iso se non me da moito choio, senon queda como está e me preocupe de ver a beta da v.2.1, que prometer ter importantes mellores.
Vos xulgaredes.
O enderezo o de sempre: TiddlyWiki en galego.
chuzame -
Xull
06
2006
Acabamos de adquirir unha desas subscripcións nas que nos quere merter Autodesk, para que pringuemos seguido. Nos fixémolo porque nos avisaron un mes antes, de que se nos subscribíamos, recibiriamos a actualización de balde. Así que xa teño o AutoCAD LT 2007.
Deste xeito saíunos moi ben de prezo, e ademáis podes acceder a cursiños, e outras caralladiñas. Supoño que para usuarios do AutoCAD grande, terá maiores vantaxes, pero prefiro non falar do que non sei.
O feito é que xa o teño instalado e ando a tunealo e a estudar as novas opcións. Ireinas comentando por aquí, para non esquecelas.
chuzame -
Xull
05
2006
Atopei este espectacular xeito de organizar... non sei o que ti queiras... e púxenme a traducilo para que me fose máis bonito escribir nel ;-). De paso, pois fixen un pequenísimo tutorial para que vexades como se manexa... aínda que eu recomendo aprender inglés e ler os tutoriáis espectaculares dos que aprendín eu o pouco que sei nesta semana.
O máis importante, a ligazón: http://makeijan.googlepages.com/tiddlywiki.html
Agradezo calquera comentario referente á traducción e ó uso do wiki.
chuzame -