Ago 17 2006
… “Service Unavailable” en Windows 2003 Server.
Decidín cambiar de antivirus. De Panda AdminSecure a Kaspersky Antivirus 5 (xa sei que anda a 6 por aí, pero ata dentro dun mes non nola proporcionan e prefiro que a proben outros antes ;-)).
A desinstalación de Panda foi mellor do esperado. O seu soporte técnico é moi bó (polo menos bulen), e púxemonos co KAV (imos chamalo así, porque o nome ten tela). Unha vez instalado, reiniciado e con todo en marcha, empecei a recibir molestas chamadas indicando que o noso servidor web non ía. Daba un misterioso erro: "Service Unavailable" e o resto da folla en branco.
Coma o novo elemento era o KAV, boteille a culpa a él. Chamei ó noso técnico preferido ;-), e ó mentres lle contaba a incidencia, xa lle cambiou o ton da voz. Seica tiña outro servidor cun Trend Micro, con ese mesmo erro. Culpara a estes, e aínda non lle contestaran (así que o seu soporte non é moi bo), pero neste caso a nova instalación era dun KAV é o único elemento en común era Panda. Así que levo 3 días cruzándome mails co Soporte Corporativo do osiño, sen traza de resolución.
Atopándome nesta situación, comecei coa procura dunha solución alternativa, xa que nos somos uns panchiños, e de seguro todo o que nos pase, xa lle pasou a alguén máis listo anteriormente, e xa ten unha solución
Descripción da situación
Temos como problema máis evidente que o IIS non serve páxinas, e da o extrano erro "Service Unavailable", que seica corresponde ó 503, segundo teño lido, aínda que no administrador non aparece tal. 
Despóis atopamos que o Administrador do IIS, amosa un erro non especificado.

Aínda que na consola de servicios este aparece Iniciado e Automático, e aínda reiniciandoos seguen igual sen nengún problema aparente.
Finalmente, descubro que no visor de sucesos aparecen cada vez que se tenta iniciar o servicio, un erro con event id. 1002, e varias advertencias id. 1009.
Baixo esa premisa, eu e o Sr. Google, pasamos todo o día a procura da solución. Recomendo por suposto probar antes as solucións recomendadas polo KB de MS. A saber M812614 e M885654.
O que fixen e funcionou
No meu caso todos os permisos que comprobei estaban correctos, así que probei con esta outra solución:
Herramientas Administrativas -> Administrador de Internet Information Services (IIS) -> Sitios Web -> (Botón dereito) Propiedades -> Servicio -> Modo de aislamiento -> (Marcar) Ejecutar el servicio WWW en el Modo aislado de IIS 5.0.

Reiniciar o servicio e Voilá!
Non sei moi ben que fai, pero polo que lin, desactiva o Application Pool, e separa uns servicios para que no caso de problemas uns non tiren a outros. Seica é para uso no desenvolvemento de aplicacións web, mentres aínda son inestables para que os erros non tiren o servicio a cada paso, pero no noso caso vai quedar así (se non atopamos nada mellor), ata a próxima reinstalación que dados os problemas que sufro últimamente non creo que tarde.
chuzame -





[…] Levou a culpa a migración de Panda á solución de Kaspersky (o amigo ruso que lle chamo eu) igual que o anterior problema co IIS 6. […]
Soy un ingeniero de CHILE y trabajo con Visual Studio 2005 Pro Muchisimas Gracias por el aporte…
Me alegro de que te haya servido… ;-). No es más que un parche… pero funciona.