Ago 31 2006

Chaflán a 0

Published by makeijan at 6:27 pm under AutoCAD

No camiño ó Nautico para ver o concerto de Iván Ferreiro, descubrín que había alguén ó que lle foran úteis as miñas anotacións sobre AutoCAD. Isto animoume a escribir un par delas máis.

Hoxe visitando a páxina de Lynn Allen aprendín un truquiño, deses que che aforran moito tempo, porque o vas usar seguido. Iso sí, necesitas a versión 2006 ou posterior.

Problema

Supoñamos unha situación das que atopo día a día. Unhas liñas que se cruzan, e que lóxicamente hai que recortar.

Liñas cruzadasAta agora eu usaba CHAFLAN e/ou EMPALME (_CHAMFER / _FILLET), cunha distancia ou radio igual a cero (0). ;-). O primeiro non acostumo a usalo moito, así que non me supón moito sacrificio telo así, pero cando tes que executalo continuamente, resulta un tanto incomodo ter que cambiar a distancia do chaflán segundo queiras facer unha cousa ou outra.

Solución:

Se temos que facer varios empalmes do mesmo radio usamos a secuencia habitual:

Empalme -> RAdio -> Eleximos un Radio -> Designamos unha liña

e agora é cando atopamos a novidade, o novo texto é:

Designe segundo objeto o use la tecla Mayús para aplicar esquina.
Así premendo Mayús e seleccionando simultaneamente a segunda liña, fará un empalme de radio 0, e o valor do radio almacenado no comando seguirá sendo o que seleccionamos anteriormente.

Chafláns 2Para realizar o debuxo da dereita, non tiven máis que facer o primeiro empalme co radio elexido, repetir comando, seleccionar liña, mayús + segunda liña, e listo. Estes pequenos trucos son os que marcan a diferencia á hora de aforrar tempo, e dese xeito podes adicarte a escribir un blog ;-).
Os mesmo pasos son aplicables o comando CHAFLAN. Esta nova posibilidade está dispoñible dende a versión 2006 en diante.

Nota: Nos lugares onde CHAFLAN aparece sen til, é porque se refire ó comando e este non leva.

Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume