ago 31 2006
Chaflán a 0
No camiño ó Nautico para ver o concerto de Iván Ferreiro, descubrín que había alguén ó que lle foran úteis as miñas anotacións sobre AutoCAD. Isto animoume a escribir un par delas máis.
Hoxe visitando a páxina de Lynn Allen aprendín un truquiño, deses que che aforran moito tempo, porque o vas usar seguido. Iso sí, necesitas a versión 2006 ou posterior.
Problema
Supoñamos unha situación das que atopo día a día. Unhas liñas que se cruzan, e que lóxicamente hai que recortar.
Ata agora eu usaba CHAFLAN e/ou EMPALME (_CHAMFER / _FILLET), cunha distancia ou radio igual a cero (0). ;-). O primeiro non acostumo a usalo moito, así que non me supón moito sacrificio telo así, pero cando tes que executalo continuamente, resulta un tanto incomodo ter que cambiar a distancia do chaflán segundo queiras facer unha cousa ou outra.
Solución:
Se temos que facer varios empalmes do mesmo radio usamos a secuencia habitual:
Empalme -> RAdio -> Eleximos un Radio -> Designamos unha liña
e agora é cando atopamos a novidade, o novo texto é:
Designe segundo objeto o use la tecla Mayús para aplicar esquina.
Así premendo Mayús e seleccionando simultaneamente a segunda liña, fará un empalme de radio 0, e o valor do radio almacenado no comando seguirá sendo o que seleccionamos anteriormente.
Para realizar o debuxo da dereita, non tiven máis que facer o primeiro empalme co radio elexido, repetir comando, seleccionar liña, mayús + segunda liña, e listo. Estes pequenos trucos son os que marcan a diferencia á hora de aforrar tempo, e dese xeito podes adicarte a escribir un blog ;-).
Os mesmo pasos son aplicables o comando CHAFLAN. Esta nova posibilidade está dispoñible dende a versión 2006 en diante.
Nota: Nos lugares onde CHAFLAN aparece sen til, é porque se refire ó comando e este non leva.
chuzame -




