Chaflán a 0

No camiño ó Nautico para ver o concerto de Iván Ferreiro, descubrín que había alguén ó que lle foran úteis as miñas anotacións sobre AutoCAD. Isto animoume a escribir un par delas máis.

Hoxe visitando a páxina de Lynn Allen aprendín un truquiño, deses que che aforran moito tempo, porque o vas usar seguido. Iso sí, necesitas a versión 2006 ou posterior.

Problema

Supoñamos unha situación das que atopo día a día. Unhas liñas que se cruzan, e que lóxicamente hai que recortar.

Liñas cruzadasAta agora eu usaba CHAFLAN e/ou EMPALME (_CHAMFER / _FILLET), cunha distancia ou radio igual a cero (0). ;-). O primeiro non acostumo a usalo moito, así que non me supón moito sacrificio telo así, pero cando tes que executalo continuamente, resulta un tanto incomodo ter que cambiar a distancia do chaflán segundo queiras facer unha cousa ou outra.

Solución:

Se temos que facer varios empalmes do mesmo radio usamos a secuencia habitual:

Empalme -> RAdio -> Eleximos un Radio -> Designamos unha liña

e agora é cando atopamos a novidade, o novo texto é:

Designe segundo objeto o use la tecla Mayús para aplicar esquina.
Así premendo Mayús e seleccionando simultaneamente a segunda liña, fará un empalme de radio 0, e o valor do radio almacenado no comando seguirá sendo o que seleccionamos anteriormente.

Chafláns 2Para realizar o debuxo da dereita, non tiven máis que facer o primeiro empalme co radio elexido, repetir comando, seleccionar liña, mayús + segunda liña, e listo. Estes pequenos trucos son os que marcan a diferencia á hora de aforrar tempo, e dese xeito podes adicarte a escribir un blog ;-).
Os mesmo pasos son aplicables o comando CHAFLAN. Esta nova posibilidade está dispoñible dende a versión 2006 en diante.

Nota: Nos lugares onde CHAFLAN aparece sen til, é porque se refire ó comando e este non leva.

Publicado en AutoCAD | Comentarios cerrados

Iván Ferreiro no Nautico de San Vicente do Mar

Iván Ferreiro no Nautico de San Vicente do Mar.

Hai unha semana un compañeiro do traballo díxome:

-“Teño que darche unha mala nova. Denunciaron ó Nautico e queren pechalo.”

Independentemente da miña opinión sobre o tema, unha das consecuencias desta desafortunada situación, era que o concerto que ía pechar a temporada, e do cal estaban esgotadas as entradas, ía celebrarse no exterior do local, co que aumentaba considerablemente o aforo, e permitiume restarlle horas ó sono do domingo, para pasalas na actuación de Iván Ferreiro.

Do concerto en sí non sei que dicir, estivo ben, pero non toleei. Esperaba o trío formado por Iván, Amaro e Karlos (sen dúbida o mellor da noite), e atopei a un Iván que só cantaba, un guitarra máis e un baixo. Esta equación equivale aproximadamente a Los Piratas, e non era iso o que eu quería.

Soaban bastante ben, se temos en conta que se colaron dúas veces, e que non lle vía o xeito ó guitarra novo (dende logo nos temas de Canciones para el tiempo y la distancia, non pintaba nada). Tocaron varios temas novos, algúns clásicos dos piratas e nos bises saíu Quique González, que cantou a dúo un tema del (seica, que non o coñezo), e logo Tournedo que alongaron metendo versos de varios temas (ata In between days de The Cure), que si me sorprendeu.

Quedoume pena de non sacarlle unha foto ó setlist, que tiñan pousada na mesa de son, e serviría para que me lembrara dalgún título máis.
Definitivamente non era o que esperaba para o derradeiro concerto do Náutico, nin por dende logo para ver por primeira vez en directo a Iván Ferreiro.

Quedareime co concerto que teño gravado de Los conciertos de Radio 3.

Publicado en Concertos,Espectáculos | Comentarios cerrados

… “Service Unavailable” en Windows 2003 Server.

Decidín cambiar de antivirus. De Panda AdminSecure a Kaspersky Antivirus 5 (xa sei que anda a 6 por aí, pero ata dentro dun mes non nola proporcionan e prefiro que a proben outros antes ;-)).

A desinstalación de Panda foi mellor do esperado. O seu soporte técnico é moi bó (polo menos bulen), e púxemonos co KAV (imos chamalo así, porque o nome ten tela). Unha vez instalado, reiniciado e con todo en marcha, empecei a recibir molestas chamadas indicando que o noso servidor web non ía. Daba un misterioso erro: “Service Unavailable” e o resto da folla en branco.

Coma o novo elemento era o KAV, boteille a culpa a él. Chamei ó noso técnico preferido ;-), e ó mentres lle contaba a incidencia, xa lle cambiou o ton da voz. Seica tiña outro servidor cun Trend Micro, con ese mesmo erro. Culpara a estes, e aínda non lle contestaran (así que o seu soporte non é moi bo), pero neste caso a nova instalación era dun KAV é o único elemento en común era Panda. Así que levo 3 días cruzándome mails co Soporte Corporativo do osiño, sen traza de resolución.
Atopándome nesta situación, comecei coa procura dunha solución alternativa, xa que nos somos uns panchiños, e de seguro todo o que nos pase, xa lle pasou a alguén máis listo anteriormente, e xa ten unha solución

Descripción da situación

Temos como problema máis evidente que o IIS non serve páxinas, e da o extrano erro “Service Unavailable”, que seica corresponde ó 503, segundo teño lido, aínda que no administrador non aparece tal. Service Unavailable
Despóis atopamos que o Administrador do IIS, amosa un erro non especificado.

Error no especificado

Aínda que na consola de servicios este aparece Iniciado e Automático, e aínda reiniciandoos seguen igual sen nengún problema aparente.

Finalmente, descubro que no visor de sucesos aparecen cada vez que se tenta iniciar o servicio, un erro con event id. 1002, e varias advertencias id. 1009.
Baixo esa premisa, eu e o Sr. Google, pasamos todo o día a procura da solución. Recomendo por suposto probar antes as solucións recomendadas polo KB de MS. A saber M812614 e M885654.

O que fixen e funcionou

No meu caso todos os permisos que comprobei estaban correctos, así que probei con esta outra solución:

Herramientas Administrativas -> Administrador de Internet Information Services (IIS) -> Sitios Web -> (Botón dereito) Propiedades -> Servicio -> Modo de aislamiento -> (Marcar) Ejecutar el servicio WWW en el Modo aislado de IIS 5.0.

O botón máxico

Reiniciar o servicio e Voilá!

Non sei moi ben que fai, pero polo que lin, desactiva o Application Pool, e separa uns servicios para que no caso de problemas uns non tiren a outros. Seica é para uso no desenvolvemento de aplicacións web, mentres aínda son inestables para que os erros non tiren o servicio a cada paso, pero no noso caso vai quedar así (se non atopamos nada mellor), ata a próxima reinstalación que dados os problemas que sufro últimamente non creo que tarde.

Publicado en Cómo amañei...?,Windows 2003 Server | 3 Comentarios