Set 04 2006
Feira Franca 2006
Non son de festas. Refiro ás festas multitudinarias, populares, gastronómicas, verbenas... Tampouco son de agocharme atrás dunha máscara, nin no entroido. Teñoo feito, si, pero cando me petou, un día calquera, non o día que toca. Pero non sei porque a Feira Franca ten un aquel, que fai que me apeteza sair. Ata organizo as miñas vacacións en función dela.
O que non viñera nunca recoméndolle que o faga (o ano que ven xa). Especialmente este ano aínda que dín que foi o record de participación, estivo moi cómoda, o casco vello ten case tódas as rúas tomadas, e ata comeza a invadir a cidade nova. Aínda que había xente miraras onde miraras, estábase ben.
Non fun a ningún xantar, nin cea organizada, non tiña ningunha mesa reservada. Simplemente vagamos pola vila, comiamos o que atopabamos, e bebiamos. Bebiamos bastante, incluso cousas pouco medieváis coma Caipirinhas, pero tamén había moito artista con lentes de sol (coma os ye-yes da canción de Os Resentidos).
Só me quedou pena de ver o espectáculo na praza de touros, pero 20 minutos antes do comezo, xa viña a xente de volta dicindo que estaba pechado.
Nunca estiven en Ribadavia, na súa Festa da Istoria, pero seica hai unha zona na que só se pode entrar cos trapexos da época. Boto de menos iso en Pontevedra, quen sabe se algún día...
chuzame - 




