Set 07 2006

Cartografías que non cargan

Published by makeijan at 4:04 pm under AutoCAD

Pois sí. Escribo moito de autocad, e iso que cada vez o uso menos, pero polas preguntas que me fan doume conta que sempre hai quen sabe menos ca min. Ademáis entre as miñas limitadas virtudes están as de tentar solventar problemas. Como sempre digo, neste mundo globalizado, todo o que che pase a tí cun ordenador xa lle pasou a alguén antes, así que buscando é máis que probable que atopes unha resposta axeitada para o teu problema. Así que... menos leria ;-)

Problema

Algunha vez vos pasou que referenciando unha cartografía (vectorial, por suposto), ou abrindo outro tipo de debuxo, os tempos de carga son eternos, con momentos nos que aparece o temido (no responde)? Como vedes, a min si. Aparecen mensaxes sobre AEC Objects e PROXYGRAPHICS, que tratarei outro día, pero que nada teñen que ver con estes tempos perdidos.
Non resposta

Isto se debe, normalmente, a que eses debuxos están realizados cunha solución vertical de Autodesk, (tamén pode ser de terceiros), que ten uns tipos de liña personalizados.
Non sei porque motivo pero AutoCAD non os dixire con facilidade, e unha vez que termina o tempo de carga, comeza a tortura do debuxo. Cada REGEN é un pesadelo, con interminables tempos de espera.

Solución

El concepto es el concepto. (Isto lémbrame que Manquiña andaba pola Feira Franca este domingo ;-)). Se o problema son uns tipos de liña, só hai que eliminalos. E digo só porque dependerá do artista que nos leve 1 minuto ou 100. Se os tipos de liña están asígnadas por capa estamos de nóraboa. Identificamos os que sexan continuos, os que vaian a trazos, etc. e facemos as conseguintes substitucións, polos tipos de liña que teñamos cargados. Limpiamos (eu son de _purge), gardamos e listo.

Se non se amañou haberá que comezar co tedioso proceso de filtrar os obxectos por tipo de liña, para modificala, e finalmente, explorar o interior dos bloques porque alí poden estar esas malvadas liñas. Agora sabedes porque falo de artistas.

Ollo

Se estamos a traballar cunha referencia externa, hai que lembrarse de desactivar Visretain (poñela a 0). Do contrario atoparíamos que o noso traballo foi inutil. Se lembramos o que facía darémonos conta de que os tipos de liña que estaban no orixinal se atopan retidos no debuxo no que están enlazados, aínda que estas desapareceran do debuxo primitivo.

O mellor e amañar o orixinal e logo facer a referencia, e se está por ser especialmente complexa a súa inserción, angulo, escala ou a combinación de calquera delas, non queremos voltar referenciala, haberá que pasar a variable de sistema visretain a 0 e logo de novo a 1 para facer as nosas modificacións.
Isto coméntoo porque me pasou a semana pasada e ata que caín, acordeime de todos os santos e nas súas familias ;-).

Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume