Set 17 2006
Island Harvest de Nick Nairn
Dende que pago pola tele, penso que a vexo menos. Pode que non sexa así, igual é só que paso máis tempo libre diante da pantalla, se non que llo pregunten ó meu oculista. O que sí e certo, é que hai outras cousas lonxe do lixo. As canles temáticas son unha delas. A miña primeira opción sempre son as musicáis, e despóis Viajar e Canal Cocina, son os meus preferidos.
É en Viajar onde descubrín ó cociñeiro escoces Nick Nairn (seica foi o primeiro en obter unha estrela Michelin) nunha serie que gravou para a BBC en 1997. Island Harvest. Nela Nick viaxaba nun veleiro, por unhas oito illas (falo de memoria) do norte de Escocia e adicaba un programa a cada unha delas. Coido que facía tres ou catro receitas en cada un, e a que máis me gustaba era a última do día na que sempre cociñaba para a alguén da illa.

Lembro en especial que foi o primeiro que me fixo valorar o prezo dun plato. Naquela ocasión, facía un cervo (¿venado?), asado, e para a salsa, aproveitaba os sobrantes de asalo, máis os osos, e un monte de verduras distintas, cousa que lle levaba un bo pouco. Despóis trituraba, e pasaba todo por un chino. Explicou con moi bó criterio, que aí era onde podías ver o que pagabas nun plato. Todos eses ingredientes máis a man de obra, que leva todo o proceso hai que pagalo. Ata cando só sexa para por unha salsiña baixo o lombo daquel cervo pode ser a diferencia entre un bo prato e outro espectacular.
Todo isto ven a que para celebrar ó meu aniversario, barallamos por de primeiro a súa receita de vieiras. Un dos meus platos preferidos actualmente, e do que espero por a receita por aquí moi pronto.
Teño andado por Inglaterra mais non por Escocia, pero como a comida sexa semellante vai ser un bó sitio para facer rexime, aínda que en todos os desertos hai un oasis, e nas Illas pode ser o seu restaurante.
Se voltan repoñer esta serie non perdades a oportunidade de vela.
chuzame - 



