Set 23 2006
Actualizando o m4PRO
Sobre o m4PRO
Para os que non o coñezan, m4PRO é unha aplicación para a xestión de constructoras, que fai dende A Coruña, un empresa chamada SOLINAT. Levo máis de 3 anos xestionando unha instalación cuns 15 usuarios e, parece que non, pero algo sempre se aprende.
Periodicamente, salen uns parches (como en todo software de veciño ;-)), que en ocasións traen melloras, e noutras simplemente solucionan erros (coma tódolos parches ;-)).
Este procedemento normalmente tiña un requisito:
- Que ninguén usara a apliacación no momento de parchear.
Dende hai uns meses instalaron unha nova aplicación para xestionar a chave Hasp. O m4HASP. No meu caso está instalada como servicio.
Agora temos dous requisitos:
- Que ninguén usara a apliacación no momento de parchear.
- Que estea parado o servicio m4HaspService.
Aínda que non ten unha especial complicación, usando este batch non teremos que ir a parar o servicio dende as ferramentas administrativas, e o que para min é máis importante: Non me vou esquecer de paralo, e inicialo novamente o concluir a operación.
Imos ó choio...
Aquí vai:
net stop m4haspservice
"<camiño ó executable da actualización>\actualizacion m4pro parcial.exe"
net start m4haspservice
Só temos que copiar estas 3 liñas pegalas nun editor (metapad uso eu),sustituir o texto entre <> (ambos incluidos) pola ruta onde descargas habitualmente os ficheiros de actualización, e gardalo coa extensión .bat.
Non é que inventara a pólvora, pero sempre me esquezo de para o servicio, e se ven non hai máis problema ca o erro que da o intentar sustituir o executable m4HASP.exe, é moito mellor cando a actualización é plenamente satisfactoria.
Folga dicir que todo sería plenamente válido para unha instalación de m4PROet.
chuzame -






que tal entrei na túa páxina e parece que es das poucas persoas que sabe como vai o m4 pro, gustaríame saber se pode ser onde se pode atopar un bo manual deste programa.
un saudiño
Pois supoño que cho teñen que fornecer os de Solinat. De feito coa instalación ven un, que cambiou con esta nova versión.
De todos xeitos os manuales normalmente son un pouco pesados porque se limitan (en realidade é a súa función), a relatar as funcionalidades de cada menú, botón e opción, e isto só sirve como referencia, pero non para aprender a usalo.
Un saúdo.