Máis TiddlyWiki

Onte paseime pola páxina orixinal do TiddlyWiki e alegroume ver que xa aparecía a traducción o galego. Aínda que alí apareza como entrada do 10 de xullo, non sei cando actualizou a páxina, pero podo garantir que no mes de agosto non estaba. O importante é que xa aparece ;-).
Para celebrar esta fermosa efemeride, correxín uns erros que atopei na traducción (xa quedan menos), e engadín unha entrada para modificar as datas. Pouca cousa, pero como diría un tipo que vin pola tele “Estamos trabajando en ello…”.

O enderezo TiddlyWiki en galego.

Publicado en Aplicacións,TiddlyWiki | Comentarios cerrados

Actualizando o m4PRO

Sobre o m4PRO

Para os que non o coñezan, m4PRO é unha aplicación para a xestión de constructoras, que fai dende A Coruña, un empresa chamada SOLINAT. Levo máis de 3 anos xestionando unha instalación cuns 15 usuarios e, parece que non, pero algo sempre se aprende.
Periodicamente, salen uns parches (como en todo software de veciño ;-)), que en ocasións traen melloras, e noutras simplemente solucionan erros (coma tódolos parches ;-)).

Este procedemento normalmente tiña un requisito:

  • Que ninguén usara a apliacación no momento de parchear.

Dende hai uns meses instalaron unha nova aplicación para xestionar a chave Hasp. O m4HASP. No meu caso está instalada como servicio.

Agora temos dous requisitos:

  • Que ninguén usara a apliacación no momento de parchear.
  • Que estea parado o servicio m4HaspService.

Aínda que non ten unha especial complicación, usando este batch non teremos que ir a parar o servicio dende as ferramentas administrativas, e o que para min é máis importante: Non me vou esquecer de paralo, e inicialo novamente o concluir a operación.

Imos ó choio…

Aquí vai:

net stop m4haspservice
“<camiño ó executable da actualización>\actualizacion m4pro parcial.exe”
net start m4haspservice

Só temos que copiar estas 3 liñas pegalas nun editor (metapad uso eu),sustituir o texto entre <> (ambos incluidos) pola ruta onde descargas habitualmente os ficheiros de actualización, e gardalo coa extensión .bat.

Non é que inventara a pólvora, pero sempre me esquezo de para o servicio, e se ven non hai máis problema ca o erro que da o intentar sustituir o executable m4HASP.exe, é moito mellor cando a actualización é plenamente satisfactoria.

Folga dicir que todo sería plenamente válido para unha instalación de m4PROet.

Publicado en m4PRO | 2 Comentarios

Island Harvest de Nick Nairn

Dende que pago pola tele, penso que a vexo menos. Pode que non sexa así, igual é só que paso máis tempo libre diante da pantalla, se non que llo pregunten ó meu oculista. O que sí e certo, é que hai outras cousas lonxe do lixo. As canles temáticas son unha delas. A miña primeira opción sempre son as musicáis, e despóis Viajar e Canal Cocina, son os meus preferidos.

É en Viajar onde descubrín ó cociñeiro escoces Nick Nairn (seica foi o primeiro en obter unha estrela Michelin) nunha serie que gravou para a BBC en 1997. Island Harvest. Nela Nick viaxaba nun veleiro, por unhas oito illas (falo de memoria) do norte de Escocia e adicaba un programa a cada unha delas. Coido que facía tres ou catro receitas en cada un, e a que máis me gustaba era a última do día na que sempre cociñaba para a alguén da illa.

Nick Nairn

Lembro en especial que foi o primeiro que me fixo valorar o prezo dun plato. Naquela ocasión, facía un cervo (¿venado?), asado, e para a salsa, aproveitaba os sobrantes de asalo, máis os osos, e un monte de verduras distintas, cousa que lle levaba un bo pouco. Despóis trituraba, e pasaba todo por un chino. Explicou con moi bó criterio, que aí era onde podías ver o que pagabas nun plato. Todos eses ingredientes máis a man de obra, que leva todo o proceso hai que pagalo. Ata cando só sexa para por unha salsiña baixo o lombo daquel cervo pode ser a diferencia entre un bo prato e outro espectacular.
Todo isto ven a que para celebrar ó meu aniversario, barallamos por de primeiro a súa receita de vieiras. Un dos meus platos preferidos actualmente, e do que espero por a receita por aquí moi pronto.

Teño andado por Inglaterra mais non por Escocia, pero como a comida sexa semellante vai ser un bó sitio para facer rexime, aínda que en todos os desertos hai un oasis, e nas Illas pode ser o seu restaurante.

Se voltan repoñer esta serie non perdades a oportunidade de vela.

Publicado en Batallas,Gastronomía,Persoal | 2 Comentarios

Cartografías que non cargan

Pois sí. Escribo moito de autocad, e iso que cada vez o uso menos, pero polas preguntas que me fan doume conta que sempre hai quen sabe menos ca min. Ademáis entre as miñas limitadas virtudes están as de tentar solventar problemas. Como sempre digo, neste mundo globalizado, todo o que che pase a tí cun ordenador xa lle pasou a alguén antes, así que buscando é máis que probable que atopes unha resposta axeitada para o teu problema. Así que… menos leria ;-)

Problema

Algunha vez vos pasou que referenciando unha cartografía (vectorial, por suposto), ou abrindo outro tipo de debuxo, os tempos de carga son eternos, con momentos nos que aparece o temido (no responde)? Como vedes, a min si. Aparecen mensaxes sobre AEC Objects e PROXYGRAPHICS, que tratarei outro día, pero que nada teñen que ver con estes tempos perdidos.
Non resposta

Isto se debe, normalmente, a que eses debuxos están realizados cunha solución vertical de Autodesk, (tamén pode ser de terceiros), que ten uns tipos de liña personalizados.
Non sei porque motivo pero AutoCAD non os dixire con facilidade, e unha vez que termina o tempo de carga, comeza a tortura do debuxo. Cada REGEN é un pesadelo, con interminables tempos de espera.

Solución

El concepto es el concepto. (Isto lémbrame que Manquiña andaba pola Feira Franca este domingo ;-)). Se o problema son uns tipos de liña, só hai que eliminalos. E digo só porque dependerá do artista que nos leve 1 minuto ou 100. Se os tipos de liña están asígnadas por capa estamos de nóraboa. Identificamos os que sexan continuos, os que vaian a trazos, etc. e facemos as conseguintes substitucións, polos tipos de liña que teñamos cargados. Limpiamos (eu son de _purge), gardamos e listo.

Se non se amañou haberá que comezar co tedioso proceso de filtrar os obxectos por tipo de liña, para modificala, e finalmente, explorar o interior dos bloques porque alí poden estar esas malvadas liñas. Agora sabedes porque falo de artistas.

Ollo

Se estamos a traballar cunha referencia externa, hai que lembrarse de desactivar Visretain (poñela a 0). Do contrario atoparíamos que o noso traballo foi inutil. Se lembramos o que facía darémonos conta de que os tipos de liña que estaban no orixinal se atopan retidos no debuxo no que están enlazados, aínda que estas desapareceran do debuxo primitivo.

O mellor e amañar o orixinal e logo facer a referencia, e se está por ser especialmente complexa a súa inserción, angulo, escala ou a combinación de calquera delas, non queremos voltar referenciala, haberá que pasar a variable de sistema visretain a 0 e logo de novo a 1 para facer as nosas modificacións.
Isto coméntoo porque me pasou a semana pasada e ata que caín, acordeime de todos os santos e nas súas familias ;-).

Publicado en AutoCAD | Comentarios cerrados

Feira Franca 2006

Preparando o xantar

Non son de festas. Refiro ás festas multitudinarias, populares, gastronómicas, verbenas… Tampouco son de agocharme atrás dunha máscara, nin no entroido. Teñoo feito, si, pero cando me petou, un día calquera, non o día que toca. Pero non sei porque a Feira Franca ten un aquel, que fai que me apeteza sair. Ata organizo as miñas vacacións en función dela.

O que non viñera nunca recoméndolle que o faga (o ano que ven xa). Especialmente este ano aínda que dín que foi o record de participación, estivo moi cómoda, o casco vello ten case tódas as rúas tomadas, e ata comeza a invadir a cidade nova. Aínda que había xente miraras onde miraras, estábase ben.O bruxo e a súa tradicional pucha

Non fun a ningún xantar, nin cea organizada, non tiña ningunha mesa reservada. Simplemente vagamos pola vila, comiamos o que atopabamos, e bebiamos. Bebiamos bastante, incluso cousas pouco medieváis coma Caipirinhas, pero tamén había moito artista con lentes de sol (coma os ye-yes da canción de Os Resentidos).

CoitelosSó me quedou pena de ver o espectáculo na praza de touros, pero 20 minutos antes do comezo, xa viña a xente de volta dicindo que estaba pechado.

Nunca estiven en Ribadavia, na súa Festa da Istoria, pero seica hai unha zona na que só se pode entrar cos trapexos da época. Boto de menos iso en Pontevedra, quen sabe se algún día…

Publicado en Batallas,Persoal | Comentarios cerrados