Out 20 2006
Problemas coas especias
Acabo de chegar de vacacións (República Checa e Berlín). A viaxe foi fermosa. Agradabel. Mais de entre a paisaxe, as xentes e os lugares, sempre destaco unha cousa. A gastronomía. A miña muller pedíu un prato, (Bramborak) que tentei reproducir na casa. O idioma nativo non o domino, pero o inglés (o esperanto do noso tempo), fai que poidas acceder a (case) calquera receita do mundo. O problema é que os meus coñecementos non son os suficientes para traducir correctamente según que ingredientes. Así foi como atopei estas dúas páxinas que semellan moi recomendables.
- Aquí poderemos atopar en varios idiomas (incluido o galego, por suposto), os nomes de moitas especias. Dese xeito cando atopemos un extrano nome en calquera receita poderemos introducilo na súa procura rápida (quick search), e atopar o seu equivalente con relativa facilidade.
- Aquí poderemos atopar substitutos e equivalentes para os ingredientes dos nosos platos. Por exemplo, non teño lombarda para un plato (red cabbage), alí recomendanme:
- Substitutes: green cabbage (This tastes just like red cabbage.) OR napa cabbage (milder flavor, more delicate texture) OR savoy cabbage (great in slaws)
- Sustitutos: Repolo (sabe semellante á lombarda). Tamén aparecen outros tipos de repolo, que dificilmente atoparemos pola nosa terra. A idea e atopar sempre algo que botar nos guisos sen que se note que o mundo é moi grande e non hai de todo en todos os lugares, pero que se poida atopar un sucedáneo que faga que pague a pena facer platos doutras culturas.
Tiña que apuntalas aquí porque se van converter en referencias indiscutibles das miñas buscas culinarias.
chuzame -





