Out 26 2006
Cociña Checa: Bramborak
Ando a escribir de máis sobre comidiñas. Debe ser unha respostas autoinmune á amenaza de dieta que recee sobre min, gracias ós resultados do colesterol nunha analítica realizada recentemente. Se a isto lle xuntamos que estou de volta de vacacións e non teño ganas de traballar no que debería (as fotos da viaxe), e teño fame (todos os días, varias veces), queda demostrado que teño un problema serio.
Imos ó choio. Esta é unha imaxe dun fermoso Bramborak recheo que tomamos en Olomouc, Moravia, República Checa. Vou tentar facer algo semellante.

Ingredientes
- Patacas
- Fariña triga
- Ovos
- Leite
- Bacon cocido, carne afumada ou salchicha (Opcional)
- Allos
- Pementa negra
- Mejorana (non tiña)
- Sal
- Alcaravea (sustituido por Comino)
Non poño proporcións porque o fixen a ollo, para unha idea aproximada, collede a receita orixinal que está no final do texto.
Preparación
Pelar, lavar e raiar as patacas. Botalas nun bol e engadir a fariña e o leite. Remexer. Picar o allo machacalo e engadír. O porco é ópcional. Se vas encher o bramborak con algo, non o botes.
Agora botar o sal e as especias machacadas coa man. Remexer novamente ata homoxenizar a mistura.
Botar unha pinga de sal e frite ata que teña unha cor dourada (iso se os ovos son da casa claro) polos dous lados.
Isto foi o que saiu.

Epílogo
Aínda que o sabor non me quedou mal, botamos en falta o recheo, e diso si que non teño a receita. Seguirei á procura da mesma. Eu penso que con calquera carne picadiña, guisada, ou mesmo queixo estará de medo. Tamén pensei en utilizalas como base no lugar de pan. Se o fago xa o porei por aquí.
Deixo finalmente unha ligazón á receita orixinal en inglés, mais feita por un checo.
chuzame -





[…] Cociña Checa: Bramborak […]