Česká republika (I). Moravia (1)

Introducción

Os que me coñezades saberes que xa o ano pasado quixen ir visitar a Óscar e Sasa na República Checa (Chequia ou como se chame), pero Air Europa se interpuxo entre nos. Así que dende xa unha recomendación. NUNCA VOEDES CON AIR EUROPA (esta batalla contoa outro día). Finalmente Air Berlin en colaboración con LIDL (eu quédoche parvo!), fixo que por 58€ por cabeza puideramos visitar Berlín e Die Bahn habilitou un sitio nos seus trens por outro tanto para chegar a Praha (Praga para os non nativos).

Estes apuntamentos van ser moi longos, pero non vexo outra forma de contalos. Aquí vai máis ou menos o primeiro día… unha vez chegados a Praha, durmindo toda a mañá e cara as catro tirando cada a:

Němčičky

Este pequeno pobo está a poucos quilómetros de Brno (a segunda cidade máis grande do país e polo que me dixeron é moi industrial polo que non paramos a visitala) perto da fronteira de Eslovaquia.
O plan era pasar a noite nunha adega tradicional, onde iamos catar unha chea de viños e disfrutar dunha cea fría. Segundo os organizadores ;-), o ritual sería este aproximadamente:

  1. Recepción na porta da adega onde nos ofrecerían un chupito de licor de cereixa (se non estou moi errado).
  2. Pasar á adega e probar os viños.
  3. Cea.
  4. Música e cantos.

A cousa foi así, só que ó chegar algo cedo a Němčičky, sen parar para xantar, e estar a comida na mesa tivemos que atacarlle. Tomar o viño co bandullo baleiro podería traer complicacións non desexadas.

O viño

Debaixo temos ó noso mestre de ceremonias ataviado co traxe tradicional e chuchando o viño dos bocois cunha especie de pipeta xigante, cun depósito que logo tapaba co dedo por abaixo, e que só retiraba para servir ó viño. Unha cousa do máis simpático e tradicional, aínda que pode que non hixiénico.

Iso pénsalo co primeiro, cando tomas 10 distintos non che preocupa tanto.
Chuchando o viño

No video do final, pode apreciarse como o apoiaba no peito, mentres explicaba as variedades de uva utilizadas e outros datos sobre o viño, ademáis de botarlle algunha peza.

Os viños que probamos non nos chistaron especialmente. Se cadra o Müller-Thurgau foi o que máis nos gustou entre os brancos, e dos tintos mellor non falar. Anecdoticamente sinalo que hai unha uva chamada Modrý Portugal (Portugal azul), aínda que o noso anfitrión indicou que non tiña que ver co país e afortunadamente no veciño pais fan mellores caldos ca este.

Quero salientar que seguramente haberá viños excepcionales en Moravia, pero nos non tivemos ocasión de disfrutalos. Esperemos que isto cambie en vindeiras ocasións.

Ó ágape

Unha imaxe da mesa que tiñamos para 6 persoas.

Mesa coa cea
De arriba a abaixo temos un plato de embutidos varios, entre eles unha especie de morcilla fría (en calquera caso algo feito con sangue de porco) e outros que estaban bos pero non souben identificar. Iso sí nada semellante ó chourizo. Logo hai un prato de pan checo que é coma de centeo integral riquísimo. Seica é o pan máis barato que hai alí, e podería comer nel todo o día, por exemplo untado do paté de porco que se atopaba ó lado, ou co queixo fundido situado diante del. Finalmente temos unha fonte de encurtidos, cuns pepinillos xigantes e uns pementos todo en vinagre que aínda que non son un amante deste tipo de cousas, estaban ben boas (ou é que a fame era neghra?)

No medio da cea comezaron as pezas musicáis, e cara o final xa comezaron as tradicionáis (supoño eu porque eran coreadas por gran parte dos cincuenta e tantos asistentes.

Os tres galegos que alí estabamos amagamos un Miudiño, pero non era cousa de rifar, así que non insistimos moito.

Salterio Percutido

O grupo que amenizaba a velada estaba composto por un violín, un contrabaixo e este curioso instrumento. Un Salterio percutor (ou algo así). Non vira un destes na vida, e curiosamente onte nun documental de La 2 sobre Bulgaria, saiu un rapaz tocandoo. Vese que é algo típico daquela zona da vella Europa. Aínda que non ten nada que ver, nese mesmo programa saía unha gaita cun fol moi estraño. Haberá que ir por alí… a antiga Tracia.
Non me lío máis. Hai moitas cousas curiosas que comentar, mais coido que este pequeno e escuro vídeo, unión de 4 máis cativos, pode orientarvos sobre como foi a carallada. Pasámolo moi ben, pero non duramos moito porque estabamos baldados da viaxe.
[gv data=”WVjdj7bJZ38″][/gv]

Enderezos importantes

A adega que se ve durante todas as fotos e o escuro video é (por se a alguén lle interesa) Slovácký Sklep. Xa sei que non pon nin unha palabra en cristiano, pero se tedes un colega por alí que se defenda un pouquiño recoméndovos ir porque é unha cousa moi auténtica.

Aloxámonos nesta casiña. Ubytování Leona. Ten o mesmo defecto que a páxina da adega, pero o aloxamento e almorzo custounos menos de 20 euros por parella, e a festa outro tanto, aínda que subira un pouco máis polos músicos.

Próximo capítulo… Ceska Republika (II). Moravia (e 2). Iso sí non sei cando será que da moito choio…

Publicado en Česká republika,Gastronomía,Persoal,Viaxes | 4 Comentarios

Cociña Checa: Bramborak

Ando a escribir de máis sobre comidiñas. Debe ser unha respostas autoinmune á amenaza de dieta que recee sobre min, gracias ós resultados do colesterol nunha analítica realizada recentemente. Se a isto lle xuntamos que estou de volta de vacacións e non teño ganas de traballar no que debería (as fotos da viaxe), e teño fame (todos os días, varias veces), queda demostrado que teño un problema serio.

Imos ó choio. Esta é unha imaxe dun fermoso Bramborak recheo que tomamos en Olomouc, Moravia, República Checa. Vou tentar facer algo semellante.
Bramborak Olomouc

Ingredientes

  • Patacas
  • Fariña triga
  • Ovos
  • Leite
  • Bacon cocido, carne afumada ou salchicha (Opcional)
  • Allos
  • Pementa negra
  • Mejorana (non tiña)
  • Sal
  • Alcaravea (sustituido por Comino)

Non poño proporcións porque o fixen a ollo, para unha idea aproximada, collede a receita orixinal que está no final do texto.

Preparación

Pelar, lavar e raiar as patacas. Botalas nun bol e engadir a fariña e o leite. Remexer. Picar o allo machacalo e engadír. O porco é ópcional. Se vas encher o bramborak con algo, non o botes.

Agora botar o sal e as especias machacadas coa man. Remexer novamente ata homoxenizar a mistura.

Botar unha pinga de sal e frite ata que teña unha cor dourada (iso se os ovos son da casa claro) polos dous lados.

Isto foi o que saiu.

Bramborak receita galega

Epílogo

Aínda que o sabor non me quedou mal, botamos en falta o recheo, e diso si que non teño a receita. Seguirei á procura da mesma. Eu penso que con calquera carne picadiña, guisada, ou mesmo queixo estará de medo. Tamén pensei en utilizalas como base no lugar de pan. Se o fago xa o porei por aquí.

Deixo finalmente unha ligazón á receita orixinal en inglés, mais feita por un checo.

Publicado en Gastronomía,Receitas | 1 Comentario

Problemas coas especias

Acabo de chegar de vacacións (República Checa e Berlín). A viaxe foi fermosa. Agradabel. Mais de entre a paisaxe, as xentes e os lugares, sempre destaco unha cousa. A gastronomía. A miña muller pedíu un prato, (Bramborak) que tentei reproducir na casa. O idioma nativo non o domino, pero o inglés (o esperanto do noso tempo), fai que poidas acceder a (case) calquera receita do mundo. O problema é que os meus coñecementos non son os suficientes para traducir correctamente según que ingredientes. Así foi como atopei estas dúas páxinas que semellan moi recomendables.

    • Aquí poderemos atopar en varios idiomas (incluido o galego, por suposto), os nomes de moitas especias. Dese xeito cando atopemos un extrano nome en calquera receita poderemos introducilo na súa procura rápida (quick search), e atopar o seu equivalente con relativa facilidade.
      • Aquí poderemos atopar substitutos e equivalentes para os ingredientes dos nosos platos. Por exemplo, non teño lombarda para un plato (red cabbage), alí recomendanme:
          • Substitutes: green cabbage (This tastes just like red cabbage.) OR napa cabbage (milder flavor, more delicate texture) OR savoy cabbage (great in slaws)
            • Sustitutos: Repolo (sabe semellante á lombarda). Tamén aparecen outros tipos de repolo, que dificilmente atoparemos pola nosa terra. A idea e atopar sempre algo que botar nos guisos sen que se note que o mundo é moi grande e non hai de todo en todos os lugares, pero que se poida atopar un sucedáneo que faga que pague a pena facer platos doutras culturas.

            Tiña que apuntalas aquí porque se van converter en referencias indiscutibles das miñas buscas culinarias.

            Publicado en Gastronomía | Comentarios cerrados

            PEDIT (_EDITPOL) e esa pesada pregunta

            Non estás cheo de ver esta pregunta?

            PEDITACCEPT

            Home, claro que quero! Para iso edito as polilíneas! (ou debería dicir poliliñas?. Imos deixalo así de momento).

            Voltando ó meu rego, nunca entendín este paso, mais agora non importa, porque xa podemos perdela de vista para sempre. A variable de sistema PEDITACCEPT goberna este comportamento. Pona a 1 e esquécete da preguntiña de marras.

            Este truquiño coma moitos outros foi recollido do blog de Lynn Allen.

            Só dende a versión 2004 en diante. LT incluída.

            Publicado en AutoCAD | Comentarios cerrados