Nov 13 2006
O día despóis da I Xantanza Galega de Blogogastrónomos…
Onte foi a I Reunión Gallega de Blogogastrónomos. Por iniciativa do Gourmet de Provincias, xuntámonos en Cambados, algo máis dunha ducia de afeccionados ó arte da papatoria. Tal como estaba previsto, a cita comezou ás 14:30 no Yayo Daporta Restaurante, ó que nunca se lle poderá agradecer suficientemente que abrira para a ocasión, e o trato do que disfrutamos, personalizado ata o máis mínimo detalle.

A primeira impresión
O certo é que non estaba no meu mellor momento. A ecuación é boa de entender.
Xantar familiar sábado + tardiña musical cos colegas + saída nocturna non programada (son as mellores) + durmir 4 h = Domingo en mal estado. Afortunadamente, o día acompañaba e o paseo que dimos por Santa Mariña d'Ozo rematou por animarme. Iso que é un cemiterio!. Ben pensado, igual foi o traballo de campo para De Pinchos, o que fixo marabillas.
Non acostumo eu, a enrolarme neste tipo de empresas, dado o meu peculiar carácter, pero non me arrepinto o máis mínimo, xa que por riba da degustación en si, un ambiente do máis cordial acompañou toda a xornada, que sería ideal se non fora por un peludo de crechas ;-).
O xantar
Unha imaxe seica vale máis que mil palabras. Agora que por moito que vos conte ou por moito que miredes para a foto, non poderedes acercarvos nin de lonxe, ós sabores que disfrutamos os alí presentes. Aínda así vou facer o posible para remedialo (sen gastar un peso, claro ;-))
Comezamos á miña dereita co menú elixido, especialmente para esta xornada, por Yayo Daporta. Comentounos, cando nos veu saudar á mesa antes do ágape, que o elixira para esta ocasión especial e comentounos algún dos pratos.
Acompaño a descrición con este pequeno collage alegórico do evento. Para identificar os pratos seguide o seu orde natural, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo. Tomeime a liberdade de traducilos, supoño que con desigual acerto, pero para remediar a desfeita xa puxen o orixinal.
Primeiro a imaxe e debaixo as verbas (Acouga, non son mil)

Escuma de coliflor con vinagreta de café, berberecho e aceite de albahaca
Bó comezo. Suave o primeiro contacto, e co forte amargo do café como contraste. O mellor ese primeiro silencio mentres cada un paladeaba o seu prato. A frase: Chegáchedes á vinagreta de café?. E eu a pensar na cara que poría o meu pai cando lle comentara que tomei vinagreta de café. O viño que nos acompañou foi un Albariño (que tampouco lembro para non variar), pero do que se falou que era dos Daporta.
Terrina de Foie-Gras con queixo de Arzúa e cabaza caramelizada
Saliento deste prato a cabaza caramelizada, aínda que repite ingredientes co derradeiro prato, este era moi superior na miña modesta opinión. As nais dirían, que a fame é o mellor acompañamento para un prato. Para este prato recomendounos Yayo un moi atinadamente na miña opinión.
Ostras sobre flan caramelizado de coliflor e maracuiá, espinafres frixidas e vinagreta de cenoura
O mellor. Non tomo ostras nunca. Seica me fixeron dano hai anos, xa nin lembro cando, pero como comentaba alguén que non lembro, é do que máis sabe a mar xunto cos percebes. Debo engadir que co polbo tamén. Nota: teño que escribir algo sobre isto.
A próxima vez que as atope terei que darlles unha segunda oportunidade.
Mexillóns en tempura sobre crocante de arroz e algas
A parella vencedora. A humildade do mexillón perfectamente salientada pola tempura. Debían ser os pais de todas as bateas da Ría de Arousa, nunca vira semellantes exemplares.
Sanmartiño asado con verduras ecolóxicas, salteadas con zamburiñas
Este gran descoñecido (en cantos restaurantes podes tomar un Sanmartiño?), foi unha perfecta continuación. Penso que había uns cogumelos que lle daban un toque de temporada.
Foie-gras asado sobre cabaza crocante e salsa de trufas
Un prato desigual. Seguramente descompensado, por levar o dobre de foie-gras (o meu e o da miña muller), e onde o que máis me sorprendeu foi o crocante de cabaza. Botei en falla unha carne neste lugar.
Aquí foi cando se produciu o incidente co viño, que non serei eu o que desvele. ;-)
Infusión de froitos vermellos con xeado de queixo fresco
Quizais a infusión era demasiado doce para o meu gusto, empalagosa diría eu. O xeado exquisito. Coa metade de infusión, igual non lucía tanto, pero sería máis equilibrado.
Sobremesas variadas
Non estaban na carta, uns culleriñas dunha escuma de queixo (penso), pinchiños de melón e piña, e uns alquejenjes, como sexa que se chamen en galego.
En resume
Boa mesa, mellor compañía, qué máis se pode pedir?. Asistir a outra en vindeiras datas. Así que xa está ese Can Gastrónomo triscándolle no cu ó Gourmet de Provincias. ;-)
Os blogogastrónomos, lembrarvos que cando pasedes por Pontevedra, non esquezades avisar para, como mínimo, ir tomar un viño. Esquecemos facer este ofrecemento na mesa pero supoño que non é demasiado tarde, para ir por castros, toxos, xestas e demáis afeccións.
Epílogo
Para os interesados, no meu flickr atópanse as fotos que mellor me penso que mellor que quedaron. Ademáis creei un apartado nas ligazóns cos blogs de todos os asistentes que lembro, e que irei completando en canto teño todos os datos. Son permanentes e serán visitados asiduamente para seguir as evolucións dos que non coñecía, e comentar as nosas referencias culinarias, que lonxe de atoparse nas revistas especializadas ou en críticos que se atopan fora da realidade cotidiana, teñen nesta malla mundial o seu fogar. Sei que pode parecer curioso (por non usar unha palabra máis forte), pero non me verás comentar cousas de interese xeral (futbol, automobilismo, corazón e demáis fauna), e si as receitas de algúns dos asistentes, ou que malas personas son (en realidade aquí vai unha palabra malsoante), por ir de viaxe a este ou aqueloutro pais. Son che así.
A medida que vaia lendo eses apuntamentos, ireinos engadindo aquí mesmo cunha ligazón permanente a cada artigo realizado... vai ser simpático ;-).
- O lugar de honra debe ser como non, para o Gourmet de Provincias, por algo foi o que artellou esta trama organizada para que o meu LDL estea ben contento. Gracias de novo. Xa está tamén a dimensión humana da reunión.
- Colineta destácase con dous artigos, separando o feito da xuntanza da crítica gastronómica. Cousas dos profesionáis ;-). Esquecía agradecer novamente os agasallos que nos fixeches ó finalizar a xuntanza. Todo un detalle.
- De Pinchos fai unha excepción na súa estructura (cousa á que nos ten acostumados ultimamente) para ofrecernos o seu punto de vista.
- Magago dende Capítulo 0, ofrece unha visión máis centrada no aspecto lúdico que no gastronómico, e onde non ten prezo a foto dos fotografos.
- Dende Cocinalia lembran o aspecto fotográfico do evento (buscamos patrocinadores?), e agora xa está dispoñible a crítica gastronómica.
- Laconada fai cara a fin da semana a súa particular visión do que semella ser o acto socio-culinario máis importante do ano. Tomamos o café xuntos e nin me nomea no seu comentario. A xenreira non habita no meu corazón. A non ser claro está que atope outro comentario del e se esqueza de novo. ;-)
- Finalmente, (coido que xa non queda ninguén máis), La caja de los hilos nos obriga a desenterrar os libros de latín, cubertos de pó dende os anos do B.U.P. para desentrañar (con desigual éxito debo recoñecer), a súa opinión do evento, ata extremos máis aló do puramente gastronómico.
- Agardo de corazón que o D. Manoel Foucellas non teña en conta o meu despiste, o esquecer o seu relato. Máis ven debo dicir relatos xa que ten unha crítica previa a xantanza, unha crónica social das máis acertadas (digamos que foi o único que se atreveu a comentar o da deconstrucción do viño ;-)), e mais un pequeno apuntamento que redondea a súa anterior crítica do Yayo Daporta.
chuzame -






Teño o mesmo problema teu coa tradución dos “alquenquejes”, tamén coñecidos como “physalis”, que me gusta menos. Haberá que investigar.
Teño que recoñecer que “crocante” é unha emprestimo que tomei da túa páxina. Levo todo o día a escribir isto. Como diría o sabio aquel:
“Esto es muy estrasante. Interesante no, estresante”. ;-)
A foto é realmente chula. Noraboa.
Gracias a vos: polo estupendo (e pintoresco) grupo que acabamos formando, por facer vosa a proposta de Xantanza, por facer xurdir a idea desa II Xantanza e por outorgarme ese lugar de honra que non creo merecer pero que me fai ir hinchado coma un pavo.
E si, o Can Gastrónomo está a triscarme, pero por telo levado a Cambados con nos ou, cando menos, traerlle as sobras (aínda que agora que o penso, moitas non houbo).
e xa sabedes, cando veñades por Compostela ou bisbarra, por aquí andamos
Vou dando pasos respecto dos “alquenquejes”. Mañá en Colineta publicarei un post ao respecto.
Pues repetir mas o menos lo mismo.Un gusto,una alegria,un placer un derroche de buenas maneras para este primer encuentro,que obviamente no sera el ultimo.Las fotos me gustaron mucho.Mi comentario ira en el correr de la semana.Pero solo quería avisar que acepto encantada el vino en Pontevedra,suelo pasar por alli camino a varias bibliotecas y no imagino mejor final de cuento que unos pinchos bien regados.
Un abrazo
Moitas gracias a todos, pero non escribades tanto que non creo que estea o servidor afeito a tanta actividade e vai petar ;-)
[…] O caso é que no meu post tiven que escribir o nome desta froita en castelán, xa que non coñezo un nome galego para ela. E o mesmo lle pasou a Another cow in the corn. Pola súa parte, Gourmet de Provincias escribiu “Physalis” nome científico da pranta que produce esta froita. […]
Amigo Makeijan,como buena cuentacuentos,todo lo bueno de mi vida se relaciona con una historia.Cuando empecé a ver llegar a todos de diferentes direcciones,tan dispuestos al diálogo como a la degustación,no pude evitar recordar al Satiricón.
Salvando las distancias muchos os semejabais a personajes romanos totales.Y entre tanto celta y vikingo,se me fue el tarro.
Por si no encontró su definición,es el que construye,mas trabajo fue Moraiminha.
Hasta la próxima,pues.
Ave!
[…] O día despóis da I Xantanza Galega de Blogogastrónomos… […]
[…] O día despóis da I Xantanza Galega de Blogogastrónomos… […]
Que boa pinta ten todo…
[…] Só a xantanza xa pagou a pena, pero este novo consulting gastronómico que se creou a raiz da primeira blogoxantanza, non ten prezo, especialmente para os meros afeccionados (e non profesionais, coma outros) na materia coma nós. Imos de viaxe a calquera sitio e xorde a pregunta: Ónde papamos? Nesta ocasión de entre as opcións suxeridas optamos polo Restaurante España, a un paso da Porta da Estación da bimilenaria Muralla de Lugo. Aínda que pertence ó grupo NOVE, na páxina do grupo non aparece o seu cociñeiro xefe Hector López mais si no folleto que collemos no restaurante. É curioso como pode estar máis actualizada unha folla de papel, ca unha páxina web. Por certo, os NOVE xa son doce o malo e que non sei dende cando xa que as novas de Galicia Gastronómica non levan data (alguén debería tomar nota disto ;-)). […]
[…] Horneado por — saomai 10:22 pm Noviembre 16, 2006 Archivado como: Galicia, restaurantes del.ici.us| […]
[…] o nome desta froita en castelán, xa que non coñezo un nome galego para ela. E o mesmo lle pasou a Another cow in the corn. Pola súa parte, Gourmet de Provincias escribiu “Physalis” nome científico da pranta que […]