Nov 22 2006

De PDF a DWG. Adobe e Autodesk non se levan tan mal

Published by makeijan at 10:52 am under AutoCAD

Xa chegou de cachondeo por agora, se ben a gastronomía é unha afección que pode confirmar o meu médico, hai que deixar que os que se adican a isto sigan co seu, e os demais andemos a falar de todo o que non sabemos, que é o bonito ;-).

Antecedentes

A semana pasada, unha compañeira de traballo preguntaba (porque un terceiro lle consultara) se era posible inserir unha imaxe en AutoCAD. A resposta era doada. Comando Image (o Imagen), e a inserir raster coma tolos. ;-)

Unha vez me proporcionou o enderezo, vin que se referían ó SITGA (onde se atopa a cartografía da Xunta a escala 1:5000, entre outras cousas) e que non se trataba exactamente de imaxes senón de PDF. Así que como fago en moitas ocasións, decidín pór fin á miña ignorancia e aquí temos o resultado. Folga dicir que cando menos espero recibir a cambio un copazo. Capisci?

PDF raster ou vector

Isto pretende ser unha pequena guía xenérica, apesares de facerse cun PDF do SITGA serviría con calquera PDF vectorial. Non sei explicar moi ben como diferencialos, dun xeito exacto (seguramente haberá algunha propiedade que descoñezo), pero para entendernos, se o documento orixinal é unha imaxe escaneada, o PDF sería rasterizado e nos atoparíamos cun problema serio. O traballo de vectorizalo pode non compensar fronte a opción de ser debuxado de novo. Pola contra se o PDF se xera a partires dun documento vectorizado, (penso que esta cartografía foi realizada sobre MicroStation), teremos un resultados bastantes satisfactorios.

Ingredientes

Hoxe estouche simpático así que vou tratalo coma se fose unha receita de cociña, así necesitamos:

  • Un documento PDF cunha orixe vectorial. Por exemplo unha folla do SITGA (a miña primeira elección foi a primeira folla (001-38), pero saía unha puntiña de Cariño, que non daba moito xogo así, que vou traballar coa 006-66, dado que non hai 069-69 ;-)).
  • Unha versión do AutoCAD, que supoño valerá calquera dado que imos abrir un DXF. Eu en particular traballarei coa LT2007.
  • O GSview de GhostGum Software Pty Ltd, que non é máis ca un interface gráfica para Ghostscript.
  • O propio Ghostscript, interprete PostScript e PDF.
  • Privilexios de administrador na máquina (só para instalar o software que non teñas claro). Se non sabes de que falo probablemente non os necesites.

Preparación

Botar todo nunha ola, plantarlle lume e remexer... . Humor inglés. ;-). Os pasos son moi sinxelos:

  1. Primeiro instalar todo o software necesario. GSview e Ghostscript será o que falte normalmente.
  2. Localizar a folla elexida e descargala do SITGA (a 006-66 é a miña. O número da besta ;-)).
  3. Executamos o GSview. Archivo -> Abrir e elexir o camiño ata a folla. Aceptar. (Isto pode tardar en función da complexidade do debuxo e da potencia da máquina).
  4. Editar -> Convertir a formato vectorial.
  5. Saltará un diálogo titulado PS a formato vectorial. Por defecto xa se selecciona o formato DXF. Tamén hai a opción DXF_S, que utiliza splines, pero eu non son moi amigo delas. Isto xa é cuestión de cada un. Nese mesmo diálogo hai unha serie de opcións coma Dibujar el texto usando polígonos que eu sempre desactivo pero parece ignorar, logo o veremos.
  6. Só falta seleccionar as follas. A cartografía leva unha así que non hai moito que pensar.
  7. E elixir un camiño para o DXF, gardalo e abrilo no AutoCAD (ou similar).

Resultados

Tiñamos un PDF de 974 KB, moi bonito pero que so poderiamos imprimir.

Folla PDF

E agora temos un DXF desaxeitado de 40 MB no que se poden facer marabillas.

DXF

A primeira vista xa se vé que está xirada 90º e podo engadir cas polilíñas teñen espesor o cal é moi incomodo; que case todos os textos están vectorizados e como texto; non está escalado, nin orientado, nin ubicado en UTM, e case o peor é que todas as entidades están na capa 0, pero xa é máis do que tiñamos así que... bo é!.

Para o segundo prato, teño previsto deixar un plano xeitoso. Tentarei facer un script que me separe entidades por cores e tipos en distintas capas e me solvente o problema das poliliñas. Non sei cando será... supoño que dependerá do rápido que me tome esa copa ;-).

Chuzame! chuzame -

6 Responses to “De PDF a DWG. Adobe e Autodesk non se levan tan mal”

  1. SIGN-IM-081on 06 Dec 2006 at 1:34 pm

    Eu fago a conversión con Adobe Illustrator que permite exportar-lo PDF a DWG. O problema é que manda tódalas entidades á mesma capa, que chama CAPA1.

    ¿Cal sería a forma de conservar a estrutura de capas orixinal do PDF?

  2. makeijanon 08 Dec 2006 at 8:39 pm

    Acabo de chegar a casa, e ando algo perdido ;-).
    Aínda que non coñezo en profundidade as características dos ficheiros PDF, non creo que entre elas estea conservar as propiedades das entidades de AutoCAD (nin de calquera outro software ). O que teño previsto é nunha próxima anotación separar as entidades por cores en distintas capas. Non é exactamente o mesmo, pero xa che permite traballar con moita máis comodidade.

    A licenza de Adobe Illustrator anda polos 680 € + IVE, por iso non a considero, aínda que farei a proba. Unha cousiña, esas exportacións túas, respetan as escalas e orientacións?

  3. SIGN-IM-081on 09 Dec 2006 at 11:28 am

    Eu estou facendo probas coa cartografía de Galicia que se pode descargar dende ó sitio web do SITGA, eiquí tes o enlace: http://sitga.xunta.es/pdf_preview/follas.htm

    Estes PDFs foron feitos dende os orixinais DGN de MicroStation e conservan a estrutura de capas (niveis).

    O problema é que o Illustrator non considera esta estrutura e manda todalas entidades á mesma capa. Podes baixar unha versión de evalucación do programa eiquí: http://www.adobe.com/downloads/#product=27

    O DWG resultante hai que aplicarlle escala, rotalo e referencialo, pero isto faise en menos dun minuto. O que da verdadeiro chollo é reconstruir a estrutura de capas. E xa non che digo darlle elevación ás curvas de nivel. Iso mellor nin intentalo :o)

    O DGN resultante apenas ten diferencias có orixinal (discrepancias de decímetros nalgúns casos, non relevante á escala de traballo 1/5000). Como apaño está bastante ben.

    A ver se te curras pronto ese script, que temos ganas de probalo!! ;-)

  4. makeijanon 11 Dec 2006 at 5:37 pm

    Vai tardar un pouco o script, pero teño unha sorpresa para mañá ;-).

    Illustrator está tachado da lista, é de paganini.

  5. […] De PDF a DWG. Adobe e Autodesk non se levan tan mal […]

  6. […] Hai veces que tes que lidiar con planos en PDF. Como xa comentaba en De PDF a DWG. Adobe e Autodesk non se levan tan mal hai software de pago para facer estas cousas. Como por exemplo Adobe Reader Pro, que permite medir lonxitudes, perímetros e áreas. […]

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume