Nov 23 2006

Galletas mariñeiras con tetilla e doce de alquequenxe

Published by makeijan at 2:31 am under Gastronomía, Receitas

Cando un está afeito a determinados habitos, da por feito que a todo o mundo lle ocorre igual, isto leva a que moitas veces non apreciemos en toda a súa dimensión eses pequenos placeres exclusivos. Isto me pasou coa miña nai. Unha cociñeira excepcional, mais un só se da conta cando sae da casa e di: ¿pero qué raio come esta xentiña?. Un bico mamá. ;-)

O caso é que dúas afeccións que ten a miña nai son: facer licores de augardente con toda canta froita cae nas súas máns (e crédeme que é moita e moi variada, pero terá que quedar para outro día); e facer doces e marmeladas.

Así foi como tentando facer un doce de alquequenxe acadou unha especie de marmelada, que nos dou para probar. Tira_alquequenxes
Se combinamos a Feira do Outono (mercamos as galletas mariñeiras), co San Martiño (onde nos deron unha exquisita tetilla) e a I Xantanza Blogogastrónomica (de onde saíu O Caso Alquequenxe) sae esta pequena marabilla.

Encantame o sabor doce pero sen empalagar e a sensación que deixan no padal as sementes.
galletas mariñeiras
Qué tal pinta vos ten?

Chuzame! chuzame -

7 Responses to “Galletas mariñeiras con tetilla e doce de alquequenxe”

  1. Colinetaon 23 Nov 2006 at 8:16 am

    En canto teña alquequenxes para facer a marmelada penso probar esa marabilla.

  2. makeijanon 23 Nov 2006 at 10:32 am

    Hache gustar. Xa verás…

  3. gourmetdeprovinciason 23 Nov 2006 at 3:46 pm

    Auténtica cociña-fusión da terra, si señor.
    Ten unha pintaza.

    ¿Onde consigo as galletas esas?

  4. makeijanon 23 Nov 2006 at 4:12 pm

    Nos mercámolas a primeira vez no Filgueira en Pontevedra, agora na Feira de Outono, pero seica xa as hai nos HiperFroiz, non sei se hai en Santiago.

    De todos xeitos supoño que poderás contactar dalgún xeito con eles na páxina web. Sigue as ligazóns que puxen, e xa nos contarás. Se non das con elas, na próxima blogoxantanza conta cunha bolsiña.

  5. Soleon 24 Nov 2006 at 12:58 pm

    Pues tendran que ser mas,ya que descubri que vuestra galleta marinera es mi (uruguaya) galleta Marina.
    Alli se utilizaba en el campo,donde antes las comunicaciones eran tan terribles que solo ibas al almacen de ramos generales una vez al mes y esta galleta,ademas de rica aguanta muy bien el paso del tiempo.Si a eso le sumamos el tetilla y la mermelada esto ya es de vicio.

  6. makeijanon 24 Nov 2006 at 1:05 pm

    Se ten que ser… ;-). En galiciagastronomica.com falan do seu uso nas viaxes mariñas, pola súa boa conservación. http://www.galiciagastronomica.com/index.php?option=com_content&task=view&id=461&lang=gl

    Se o encargo vai ser grande teredes que lembrarmo para febreiro ;-).

  7. […] Con tetilla e doce de alquequenxe por ACITC. […]

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume