Nov 27 2006
O galego e google translate
Mirando o embigo era o primeiro título, pero non me parecía moi ilustrativo, e aínda menos impactante, así que se xa ten pouco interés o que escrebo, aínda terán menos estes desbarres.
De cando en cando gustame mirar as estatísticas. Como blogaliza.org, aínda non ten implementadas unhas, conformome cos referers de wordpress. Hai un par de semanas atopei unha tentativa de traducir a páxina ó inglés, pouco despóis falaba con xmanoel na Xantanza e comentaba este mesmo punto.
Hoxe vin un par de intentos de traducción e premin neles para ver que se lía. O resultado é paberísimo tanto dende o portugues coma do castelán.
Pequena comparativa
De entrada temos o titulo en inglés así que non hai nada que traducir, mais ... e o subtitulo?
PT:Nothing that non you turn twenty veces for there…
ES:Nothing that non you turn vinte times by aí…
Nas categorías das ligazóns atopamos As que visitio a cotío:
PT: The ones that I visit cotío
ES: Ace that I visit councle (Ista é moi boa XD)
En xeral é coma escoitar falar un galenglish moi simpático. Rinme un ratiño eu só. Animádevos a facer a proba... aínda ides rir.
Como as entradas das que se piden traducción son fundamentalmente ás que se refiren ó AutoCAD, tentei facer unha filigrana. Que Google translate, traducira a conversión ó castelán do Instituto Cervantes. Google non tragou :-( . Agradecese calquera solución similar, que aínda sendo chapuceira, poida facilitarlle a comprensión a alguén que non domine nin a nosa lingua nin o castelán (que iso xa zafa co traductor do Instituto Cervantes).
A pregunta do millón é:
Para cando unha traducción automática de galego a inglés e viceversa?
chuzame -





Inténtalo con un trozo de Cunqueiro.Estoy preparando un trabajo y mi gallego escrito dista mucho de ser bueno asi que decidí echar mano a traductores,es de partirse,aunque el que va mejor es el de la Universidad de Vigo
Acabo de probar co da Universidade de Vigo (Opentrad), e aparecen símbolos moi raros… é máis rápido sí, mais o resultado dista de ser o desexado.
De casualidade topei (e lembrei tamén) o caso da visita que tiven a traverso do traductor.
O divertido do caso é que supoño que a culpa é sinxelamente de Google, que mostra o link de ‘transalte’ ó lado das páxinas estranxeiras.
Seguramente teñas razón. O que non sei é que lle pasa a google co galego. Levan tempo atrancando o gmail (que segundo eles está traducido o 100%), e o buscador si o teñen en galego.
Cousas dos grandes…