Nov 29 2006

II Salón dos viños e augardentes de Galicia

Published by moraiminha at 10:55 am under Actualidade, Gastronomía

Entre os días 25 e 27 de novembro tivo lugar no Palexco de A Coruña o II Salón dos viños e augardentes de Galicia. Eu estiven o domingo pola mañán, e tiven a sorte de facelo acompañada de dous profesionais do mundo do viño (grazas, Roberto e Fernando, polas vosas ensinanzas). Como non teño costume de acudir a este tipo de feiras, non sei se o nivel de participación é o normal, pero eu esperaba atoparme coa presenza de máis adegas e viños.

Salón viños e augardentes de galiza 2006

Aínda que non eran demasiados os viños presentes, hei de decir que probei máis dos que un café con leite con magdalenas (caseiras, eso si) pode soportar. Como é lóxico, fixemos unha pre-selección dos que máis nos interesaban. Por novedoso (e non só para min), unha das nosas primeiras degustacións foi para un Rías Baixas macerado en neve carbónica. Non sei o que dirán os expertos, pero a min o resultado final non me sorprendeu demasiado; pero quizais eso sexa debido a que teño o paladar moi acostumado ó viño da casa. Como o meu avó era viticultor, dende sempre tiven a oportunidade (e a sorte) de disfrutar na casa do viño albariño (moito antes do cambio de nome e da aparición do Consello Regulador), así que teño unha querencia especial polos viños que saben a uva, e atopo que á maior parte dos que hai no mercado lles falta... non sei... esa frescura.

Salón viños e augardentes. Botellas D.O. Monterrei

Adiquei tamén, incitada en gran parte por Fernando parte da miña atención ós godellos, con un resultado bastante satisfactorio. Algo que non podo decir, por exemplo, dos viños de Betanzos, que catamos con moita curiosidade, pois non os coñeciamos, e que polo de agora non parece que poidan aportar moito ó mercado dos viños galegos. Para rematar, un Ribeiro de garaxe foi o elexido case por casualidade para poñer punto final á cata.

Hei de decir que ós augardente, aínda que parecían estar ben representados, non lles prestei demasiada atención.

Chuzame! chuzame -

4 Responses to “II Salón dos viños e augardentes de Galicia”

  1. Soleon 29 Nov 2006 at 3:23 pm

    Pdro Soutomaior es uno de mis favoritos desde hace un tiempo y tratamos de que todos nuestros amigos lo prueben. Anduve por el Salón y al igual que tu me acerqué a conocer los tan mal afamados vinos de Betanzos. Sin embargo a mi me pareció muy interesante la busqueda de una diferenciación a traves del uso de la Agudelo. Reconozco que no es un sabor muy común y bastante raro al paladar,pero creo que por alli puede estar el acierto,como decía el bodeguero con el que hablamos,parten de menos 2 en la carrera vitivinicola y un toque original,les puede dar una mano.
    De godellos estaba uno de mis favoritos,Viña Godeval.Pena que las bodegas grandes no estuvieran (dicen que por no pagar horas extras en fin de semana)

  2. Soleon 29 Nov 2006 at 3:24 pm

    Quise decir Pedro Soutomaior.

  3. gourmetdeprovinciason 29 Nov 2006 at 10:23 pm

    Apelidándome Guitián (aínda que nada que ver coa bodega) e con família política de Valdeorras alégrome da túa incursión no Godello e de que che prestara. E que conste que o di un eno-ignorante.

  4. Colinetaon 30 Nov 2006 at 9:47 pm

    O godello foi suxeito dunha iinteresante experiencia o luns no marco do Salón: unha cata vertical na que se cataron viños de 2004, 2003, 1995 e 1987. O resultado moi positivo en tódolos casos. En http://www.galiciagastronomica.com publico un longo comentario ao respecto.

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume