Archive for Novembro, 2006

Nov 20 2006

Česká republika (II). Moravia (2)

Published by makeijan under República Checa, Viaxes

Voltamos da nosa estadía en Němčičky e para aproveitar o día imos cara a fermosa vila de Olomouc. No camiño pasamos por Austerlitz onde se produciu a batalla do mesmo nome. Alí o exercito frances dirixido por Napoleon esnaquizou a austríacos e rusos. O certo é que era un prado de película, preparado para cargar contra o inimigo, todo verdiño ata onde onde se fundía co azul do ceo, aínda que na miña foto non se aprecie moi ben, dado que foi feita en marcha dende un coche por unha autoestrada, o que non deixa de ter o seu mérito.

Austerlitz

Na foto unha planta que eu penso era de formigón, pero que estaba deseñada de xeito que semellan un soldados napoleónicos cun canón. Boa idea para non deslucir a paisaxe e conxugala cunha actividade necesaria.

Olomouc

Olomouc é unha fermosa cidade Morava que posúe o maior patrimonio cultural de Chequia, só detrás de Praga, a capital. Nesta época hai moi poucos turistas, e polo que leo é unha cidade por descubrir dentro do pais, moi por detrás de Český Krumlov e Karlovy Vary , dúas cidades que non visitei nesta ocasión e que me obrigarán a abusar da hospitalidade do meu anfitrión, novamente.

Polo que lin, durante os séculos XVII e XVIII fixéronse unha chea de fontes para abastecer ós habitantes das vilas, que conxugaban á funcionalidade coa estética. Coa chegada das canalizacións ás vivendas moitas destas fontes foron eliminadas, mais en Olomouc non se fixo e convertironse deste xeito, nunha das súas peculiaridades, fontes, columnas e edificios barrocos que fan dun paseo por Olomouc unha verdadeira delicia.

Sant�sima Trinidade

Esta é a barroca columna da Santísima Trinidade, en plena Horní Námesti. É Patrimonio da Humanidade pola Unesco e representa un estilo único o Barroco de Olomuc, do que non atopei ningunha descripción para acompañar. É esta, xunto coa da virxe, unha das dúas colummnas creadas para conmemorar!? a plaga de cólera que asolou a cidade no século XVIII .Tamén se atopan aquí a fonte do Tritón, o reloxo astronómico (unha réplica da era comunista do que se atopa en praga) na fachada da casa do concello, onde por certo non paraba de saír xente que ía casar, e a fonte das tartarugas (unha das que máis me gustou), e non sei o nome pero había tartarugas así que supoño que se chamará así.

Vista Olomouc

Unha vista da torre da Casa do Concello, vista dende outra que, aínda que me pese, non lembro en que igrexa se atopaba. Xa sei que non é comparable pero poño esta foto, porque unha tónica nas cidades que visitamos é que sempre destacaban eses campanarios das igrexas góticas e barrocas. Nada que ver co que pasa aquí, onde o que pode facer 15 plantas fai 18. Sintoo, pero tiña que dicilo.

E salientable tamén a Catedral de San Wenceslao ó lado do Arzobispado de Olomouc. É esta unha cidade na que está moi presente a Igrexa Católica, con moitos edificios relixiosos pero non só igrexas, senon tamén seminarios e ata unha Facultade de Teoloxía, pertencente a unha das máis antigas universidades de centroeuropa. A Univerzita Palackého.

Non deixa de ser curioso que sobreviviran todas estas entidades a un rexime socialista. Nun país onde a maioría dos habitantes son ateos como farían durante todos estes anos?. (Idea para outro día).

Se queres ver algunha foto máis, preme aquí. Desgraciadamente este widget non se pode insertar correctamente no wordpress, pero agora que levei o choio non vou deixar de amosalo. ;-).

Antes de rematar o meu pequeno paseo pola cidade quería comentar un pequena anécdota. Para poñernos en situación debo comentar que unha das cousas das que nos avisara Óscar perante os preparativos da viaxe, era de que os Bohemios eran uns bordes, e os Moravos eran máis agradables e sociables, coma todos os estereotipos, poden ter unha parte de realidade, pero calquera xeralización é inexacta.

Así pois, tras dar un paseo mañaneiro, entrounos a fame e comezamos a buscar un sitio onde xantar. Levar nativos no grupo sempre é unha axuda, pero para quen non entende a lingua e acaba de chegar é un alivio. Así que decidimos (decidiron) entrar nun restaurante, e cando rematan de falar Sasa e o que semellaba encargado ou propietario do establecemento esta foi a traducción. "Non nos recomenda que comamos aquí". A primeira reacción foi escarallarnos de risa. Unha cousa é ser borde (mais non eran os Moravos os agradables?), pero ir en contra do propio negocio.... Unha vez extendida a explicación o que nos quería dicir o home, e que tiña o local cheo que lle faltaba unha mesa grande e que iamos ter que esperar moito pola comida, todo un xesto de honradez que me gustaría ver máis pola nosa terra.

Afortunadamente caímos nun segundo restaurante que estaba separado en fumadores e non fumadores. O de non fumadores estaba cheo, así que tivemos que pasar o outro que tamén estaba cheo a falta de dúas mesas, e tras de nos entrou unha parella cun rapaciño e quedou completo. Ninguén fumaba. Ía dicir que Europa era diferente, pero acabo de lembra un vagón de tren lixeiro con tres anormales fumando en Berlín. Cousas miñas, o restaurante era baratísimo para nos, e foi o noso primeiro contacto coa gastronomía checa e onde nos namoramos deste Bramborak.

E agora xa imos voltando cara a Praga, non sin antes facer a derradeira parada en Moravia.

Para unha información máis rigurosa sobre a cidade, visitade a páxina de turismo de Olomouc.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Nov 17 2006

Fon Román. Sala Capitol. Santiago de Compostela 16/11/06

Published by makeijan under Concertos, Espectáculos

Nunha arroutada, plantámonos, Cesarinn (que por certo, é o autor das fotos) e máis eu, en Santiago a ver a presentación de Silencio cómodo en un jardín descuidado, o primeiro disco de Fon Román en Solitario.

Entrada Fon Román Santiago

Só tiña oido un par de temas, o single Colegio vacío e outro do que non lembro o nome. Inicialmente pareceu unha boa idea, mais houbo un intre mentres andabamos de viños polo Franco, que pensei: "hoxe teño ganas de algo máis contundente". Afortunadamente a cousa non foi tan tranquila como eu esperaba.

Fon tira

Cunha entrada frouxa, que calculo a ollo nun cento de asistentes (para a Capitol non é nada), saiu unha banda formada por Fon á guitarra, voz, e un número indeterminado de pedales de efectos, o baixista de Piratas, Pablo Álvarez, o guitarra que leva na xira Iván Ferreiro (que puxen a parir no seu concerto, e agora teño que papar todo o que dixen), e un batería que según Cesar, era o de Amaral. Abriu con El idiota (se alguén que sei eu se digna a enviarme as fotos...), percorreu o seu disco e pechou cunha versión bastante más cañera que la de Piratas de Hoy por ayer, nun bis un pouco forzado.

Debaixo temos a Fon tocando un Casio PT1 de cor branca. Un dos agasallos de moda cando fixen a Primeira Comunión (que a fixen, aínda que non o pareza XD). Xa me ando a liar outra vez. O tema que interpretaron Fon, o Casio e a irmá (de Fon non do Casio :-P), foi Decidir. Incrible o que se pode facer con este equipo, en especial quero destacar a voz da irmá que era espectacular. Mágoa que un problemiña co jack xerara uns desagradables ruidos aleatoriamente perante a actuación. Cousas de traballar con trebellos de hai tantos anos!.

Fon_decidir

A nota simpática da noite douna a irmá, que novamente voltou saltar ó escenario anunciando que era o aniversario de Fon, e solicitando que lle cantaramos o Parabéns, cousa que fixemos de bo grado, aínda que teño que dicir, non sen certo reparo, que non sei moi ben a letra. Despóis dun paseo por Mr. Google, topei isto que é a versión portuguesa.

Parabéns a voçé
nesta data querida
moitas felicidades
moitos anos de vida

Na miña opinión foi un concerto curto (1:20h), seguramente por falta de repertorio e no que debería engadir algunha versión máis (non necesariamente de Piratas) mentres non teña temas propios. Alongou os fináis con desigual resultado. Penso que é aí onde se nota que anda nun medio novo (cantar e tocar), a pesares de levar moitos anos tocando, non é o mesmo. Semella querer estar a todo, a cantar e desparramarse coas seis cordas. Finalmente o volumen estaba excesivamente alto, preparado para unha grande cantidade de público que nunca apareceu.

Seguramente no verán xa estará pulido e o veremos nalgún festival dos que saen tanto agora. Eu recomendoo, e só que dende que vou o P.S. non me vale nada ;-)

Hoxe toca en Vigo, coido que na Fábrica de Chocolate. É un bo plan, aínda que esa sala sexa un pouco cativa.

Chuzame! chuzame -

3 responses so far

Nov 15 2006

Be caldo my friend. O mellor comentario do ano.

Published by makeijan under Batallas, Gastronomía, Persoal

Gracias á semente de blogaliza.org, que desfrutamos dende onte, atopei este post, en O soño da Iliá. Recomendo a súa lectura, aínda que a temática non é das miñas preferidas, é interesante. Pero esta mensaxe está adicada a un tal AntíTheosis que deixou un espectacular comentario, que me permito reproducir aquí unha vez citadas as fontes:

Bruce Lee

Be untoful, nabizasful.
If you put caldo into a cup it becomes a “taza de caldo”, if you put pan in a “taza de caldo” it becomes sopas, you put repolo and it becomes “caldo de repolo”.
Caldo can heat and can feed.
Be caldo my friend…

A miña muller odia este anuncio, mais é imposible non escarallarse coa risa lendo isto.

Chuzame! chuzame -

One response so far

Nov 13 2006

O día despóis da I Xantanza Galega de Blogogastrónomos…

Onte foi a I Reunión Gallega de Blogogastrónomos. Por iniciativa do Gourmet de Provincias, xuntámonos en Cambados, algo máis dunha ducia de afeccionados ó arte da papatoria. Tal como estaba previsto, a cita comezou ás 14:30 no Yayo Daporta Restaurante, ó que nunca se lle poderá agradecer suficientemente que abrira para a ocasión, e o trato do que disfrutamos, personalizado ata o máis mínimo detalle.

Sobremesas variadas

A primeira impresión

O certo é que non estaba no meu mellor momento. A ecuación é boa de entender.

Xantar familiar sábado + tardiña musical cos colegas + saída nocturna non programada (son as mellores) + durmir 4 h = Domingo en mal estado. Afortunadamente, o día acompañaba e o paseo que dimos por Santa Mariña d'Ozo rematou por animarme. Iso que é un cemiterio!. Ben pensado, igual foi o traballo de campo para De Pinchos, o que fixo marabillas.

Non acostumo eu, a enrolarme neste tipo de empresas, dado o meu peculiar carácter, pero non me arrepinto o máis mínimo, xa que por riba da degustación en si, un ambiente do máis cordial acompañou toda a xornada, que sería ideal se non fora por un peludo de crechas ;-).

O xantar

menudegustacion_yayodaportaUnha imaxe seica vale máis que mil palabras. Agora que por moito que vos conte ou por moito que miredes para a foto, non poderedes acercarvos nin de lonxe, ós sabores que disfrutamos os alí presentes. Aínda así vou facer o posible para remedialo (sen gastar un peso, claro ;-))

Comezamos á miña dereita co menú elixido, especialmente para esta xornada, por Yayo Daporta. Comentounos, cando nos veu saudar á mesa antes do ágape, que o elixira para esta ocasión especial e comentounos algún dos pratos.

Acompaño a descrición con este pequeno collage alegórico do evento. Para identificar os pratos seguide o seu orde natural, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo. Tomeime a liberdade de traducilos, supoño que con desigual acerto, pero para remediar a desfeita xa puxen o orixinal.

Primeiro a imaxe e debaixo as verbas (Acouga, non son mil)
Collage reunión platos

Escuma de coliflor con vinagreta de café, berberecho e aceite de albahaca

Bó comezo. Suave o primeiro contacto, e co forte amargo do café como contraste. O mellor ese primeiro silencio mentres cada un paladeaba o seu prato. A frase: Chegáchedes á vinagreta de café?. E eu a pensar na cara que poría o meu pai cando lle comentara que tomei vinagreta de café. O viño que nos acompañou foi un Albariño (que tampouco lembro para non variar), pero do que se falou que era dos Daporta.

Terrina de Foie-Gras con queixo de Arzúa e cabaza caramelizada

Saliento deste prato a cabaza caramelizada, aínda que repite ingredientes co derradeiro prato, este era moi superior na miña modesta opinión. As nais dirían, que a fame é o mellor acompañamento para un prato. Para este prato recomendounos Yayo un moi atinadamente na miña opinión.

Ostras sobre flan caramelizado de coliflor e maracuiá, espinafres frixidas e vinagreta de cenoura

O mellor. Non tomo ostras nunca. Seica me fixeron dano hai anos, xa nin lembro cando, pero como comentaba alguén que non lembro, é do que máis sabe a mar xunto cos percebes. Debo engadir que co polbo tamén. Nota: teño que escribir algo sobre isto.

A próxima vez que as atope terei que darlles unha segunda oportunidade.

Mexillóns en tempura sobre crocante de arroz e algas

A parella vencedora. A humildade do mexillón perfectamente salientada pola tempura. Debían ser os pais de todas as bateas da Ría de Arousa, nunca vira semellantes exemplares.

Sanmartiño asado con verduras ecolóxicas, salteadas con zamburiñas

Este gran descoñecido (en cantos restaurantes podes tomar un Sanmartiño?), foi unha perfecta continuación. Penso que había uns cogumelos que lle daban un toque de temporada.

Foie-gras asado sobre cabaza crocante e salsa de trufas

Un prato desigual. Seguramente descompensado, por levar o dobre de foie-gras (o meu e o da miña muller), e onde o que máis me sorprendeu foi o crocante de cabaza. Botei en falla unha carne neste lugar.

Aquí foi cando se produciu o incidente co viño, que non serei eu o que desvele. ;-)

Infusión de froitos vermellos con xeado de queixo fresco

Quizais a infusión era demasiado doce para o meu gusto, empalagosa diría eu. O xeado exquisito. Coa metade de infusión, igual non lucía tanto, pero sería máis equilibrado.

Sobremesas variadas

Non estaban na carta, uns culleriñas dunha escuma de queixo (penso), pinchiños de melón e piña, e uns alquejenjes, como sexa que se chamen en galego.

En resume

Boa mesa, mellor compañía, qué máis se pode pedir?. Asistir a outra en vindeiras datas. Así que xa está ese Can Gastrónomo triscándolle no cu ó Gourmet de Provincias. ;-)

Os blogogastrónomos, lembrarvos que cando pasedes por Pontevedra, non esquezades avisar para, como mínimo, ir tomar un viño. Esquecemos facer este ofrecemento na mesa pero supoño que non é demasiado tarde, para ir por castros, toxos, xestas e demáis afeccións.

Epílogo

Para os interesados, no meu flickr atópanse as fotos que mellor me penso que mellor que quedaron. Ademáis creei un apartado nas ligazóns cos blogs de todos os asistentes que lembro, e que irei completando en canto teño todos os datos. Son permanentes e serán visitados asiduamente para seguir as evolucións dos que non coñecía, e comentar as nosas referencias culinarias, que lonxe de atoparse nas revistas especializadas ou en críticos que se atopan fora da realidade cotidiana, teñen nesta malla mundial o seu fogar. Sei que pode parecer curioso (por non usar unha palabra máis forte), pero non me verás comentar cousas de interese xeral (futbol, automobilismo, corazón e demáis fauna), e si as receitas de algúns dos asistentes, ou que malas personas son (en realidade aquí vai unha palabra malsoante), por ir de viaxe a este ou aqueloutro pais. Son che así.

A medida que vaia lendo eses apuntamentos, ireinos engadindo aquí mesmo cunha ligazón permanente a cada artigo realizado... vai ser simpático ;-).

  • O lugar de honra debe ser como non, para o Gourmet de Provincias, por algo foi o que artellou esta trama organizada para que o meu LDL estea ben contento. Gracias de novo. Xa está tamén a dimensión humana da reunión.
  • Colineta destácase con dous artigos, separando o feito da xuntanza da crítica gastronómica. Cousas dos profesionáis ;-). Esquecía agradecer novamente os agasallos que nos fixeches ó finalizar a xuntanza. Todo un detalle.
  • De Pinchos fai unha excepción na súa estructura (cousa á que nos ten acostumados ultimamente) para ofrecernos o seu punto de vista.
  • Magago dende Capítulo 0, ofrece unha visión máis centrada no aspecto lúdico que no gastronómico, e onde non ten prezo a foto dos fotografos.
  • Dende Cocinalia lembran o aspecto fotográfico do evento (buscamos patrocinadores?), e agora xa está dispoñible a crítica gastronómica.
  • Laconada fai cara a fin da semana a súa particular visión do que semella ser o acto socio-culinario máis importante do ano. Tomamos o café xuntos e nin me nomea no seu comentario. A xenreira non habita no meu corazón. A non ser claro está que atope outro comentario del e se esqueza de novo. ;-)
  • Finalmente, (coido que xa non queda ninguén máis), La caja de los hilos nos obriga a desenterrar os libros de latín, cubertos de pó dende os anos do B.U.P. para desentrañar (con desigual éxito debo recoñecer), a súa opinión do evento, ata extremos máis aló do puramente gastronómico.
  • Agardo de corazón que o D. Manoel Foucellas non teña en conta o meu despiste, o esquecer o seu relato. Máis ven debo dicir relatos xa que ten unha crítica previa a xantanza, unha crónica social das máis acertadas (digamos que foi o único que se atreveu a comentar o da deconstrucción do viño ;-)), e mais un pequeno apuntamento que redondea a súa anterior crítica do Yayo Daporta.
Chuzame! chuzame -

15 responses so far

Nov 10 2006

Erro 506. Orixe: Windows Server Update

É curioso coma un pode estar a petar contra unha parede un mes, e máxicamente un día todo se arranxa cunha facilidade sorprendente.

O WSUS non vai

Este erro foi o que atopei, ademáis de que xa ninguén se queixaba de ter que reiniciar a máquina para según que actualizacións.

Tipo de suceso: Error
Origen del suceso: Windows Server Update Services
Categoría del suceso: Servicio Update Services
Id. suceso: 506
Fecha: 05/11/2006
Hora: 15:18:23
Usuario: No disponible
Equipo: PROLIANT
Descripción:
El árbol SelfUpdate no funciona. Es posible que los clientes no puedan actualizar al software de cliente de Agente Windows Update (WUA) más reciente ni comunicarse con el servidor WSUS.

Para obtener más información, vea el Centro de ayuda y soporte técnico en http://go.microsoft.com/fwlink/events.asp.

En Herramientas administrativas -> Administrador de Internet Information Services (IIS) -> Sitios Web vou directamente a Administración de WSUS e alí está todo correcto. No WSUS avisábame de que algo ía mal, co SelfUpdate, pero vese que non buscaba no sitio correcto.

Solución sinxela

Iso fixen varias veces, ata que buscando en EventID.Net atopei unha pista que me levou o lugar correcto. Non era alí senon en Sitio Web predeterminado -> SelfUpdate onde topei que o camiño estaba mal. Correxino, reiniciei o servicio e listo ;-).

Non me preguntes porque quedou así. Pareceme extraño que quedara así dende a actualización, pero cousas máis raras xa vin así que ... a cruzar os dedos, que estou actualizando a WSUS 2.0 SP1 e iso sí que da medo.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

« Prev - Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume