Archive for novembro, 2006

nov 07 2006

Cow Parade Vigo 2007

Published by makeijan under Actualidade

Acabo de ler en Chuza.org esta nova tan simpática, da que non tiña nin idea, e tratándose de vacas síntome na obriga de facerme eco.

Cow Parade
Durante o Cow Parade, Vigo, xunto con outro feixe de cidades do mundo, encherá as súas rúas dunhas vacas pintadas por varios artistas (ata tí podes pintar unha) que finalmente serán subhastadas para recadar fondos que serán destinados a diversas O.O.N.N.G.G.

Non atopo ocasións para ir por alí, pero coido que desta non me escapo, e darei un paseo polas rúas procurando sacarlle fotos a todas as que poida.

Blogaliza vaca

Unha idea para alguén con capacidade. A vaca de blogaliza inspirada na de Sitio Distinto é obrigatoria na cidade de Vigo. A ver quen se anima.

Vaca

Sempre que teño ocasión comento, que aínda que están moi perto, Pontevedra e Vigo están realmente separadas. Eu notoo especialmente na información. E difícil enterarse de algo que pase en Pontevedra estando en Vigo, e viceversa. Afortunadamente, estes novos medios permítennos escoller e procurar a información, e non estamos á mercede das decisións duns editores máis ou menos obxectivos.

Chuzame! chúzame -

One response so far

« Prev

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume