dec 02 2006

Goretoxo nas Xornadas da Blogosfera da CMG

Published by makeijan at 7:37 pm under Actualidade

Non puiden ir. As charlas tiñan boa pinta, pero non habia nada nelas que xustificara a miña ausencia do traballo. Afortunadamente, puiden ver a de Berto Yañez (Chuza.org) gracias a unha nova de chuza.org (moi ben etiquetada como autobombo ;-)). A raiz disto dínlle moito a brasa a Pedro Silva, e como resultado empaquetoume a xestión do video. Fun de panchiño, e levei o choio de descargalo, co VLC, e comprimilo co MediaCoder, e subilo ó Google Video,  todo ferramentas libres para non disgustar ó artista ;-)
Máis nada, desfrutade da presentación de blogaliza.org e dunhas instruccións sinxelas para crear un blog. O que non ten un é porque non quere. Son sobre uns 45 minutos, pero vense voando.

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “Goretoxo nas Xornadas da Blogosfera da CMG”

  1. demareson 10 dec 2006 at 12:51 am

    obrigado, mestre

  2. makeijanon 10 dec 2006 at 8:31 pm

    A mandar ;-)

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume