Dec 04 2006
Česká republika (III). Moravia (e 3)
Xa a ida viramos aquela ringleira de avións e pensei: "Iso ten que estar ben". Afortunadamente Óscar pensou o mesmo e aínda que tiveramos que baixar da autoestrada e preguntar 4 veces ata atopar alguén que soubera algo de avións pagou a pena.
Nadace Letecké historické společnosti Vyškov
O título é o nome do museo, algo así como Museo Histórico do Aire de Vyskov (traducción completamente libre).

A primeira impresión é a de estar nun desguace. Ai avións, tanques, artillería, motores... coma os restos despóis dunha batalla. A diferencia é: quén estivo nun cemiterio de avións?.
Esta foto e do interior da cabina dun Ilyushin IL-14R por algo máis de medio euro puidemos entrar no avión e cacharrear (nel sen tocar moito, claro). Ata teño unha foto sentado nos mandos!. Este en particular adicabase a realizar interferencias de radio, e tiña todo o corpo, cheo de radio vellas, que seguramente serían as que se usaran para ese propósito.

So por isto xa pagou a pena, pero as fotos dos MIG coa estrela vermella lémbranme á unha das últimas películas que se fixeron da guerra fría cando aínda se andaba a caldear, Firefox.
Como é o museo do aire que mellor que unha foto aérea do mapy.cz, para ver que pinta ten e a ligazón á páxina do museo, máis informativa pero escrita nunha lingua incomprensible. ;-) O non son esperto na materia, non vou extenderme máis, e mellor ver unhas fotiños.
Aquí remata a viaxe por Moravia. Toda unha sorpresa. A ver agora por onde sigo...
chuzame - 



