Dec 04 2006

Česká republika (III). Moravia (e 3)

Published by makeijan at 8:30 am under Persoal, República Checa, Viaxes

Xa a ida viramos aquela ringleira de avións e pensei: "Iso ten que estar ben". Afortunadamente Óscar pensou o mesmo e aínda que tiveramos que baixar da autoestrada e preguntar 4 veces ata atopar alguén que soubera algo de avións pagou a pena.

Nadace Letecké historické společnosti Vyškov

O título é o nome do museo, algo así como Museo Histórico do Aire de Vyskov (traducción completamente libre).

Nadace Letecké historické společnosti Vyškov

A primeira impresión é a de estar nun desguace. Ai avións, tanques, artillería, motores... coma os restos despóis dunha batalla. A diferencia é: quén estivo nun cemiterio de avións?.

Esta foto e do interior da cabina dun Ilyushin IL-14R por algo máis de medio euro puidemos entrar no avión e cacharrear (nel sen tocar moito, claro). Ata teño unha foto sentado nos mandos!. Este en particular adicabase a realizar interferencias de radio, e tiña todo o corpo, cheo de radio vellas, que seguramente serían as que se usaran para ese propósito.

Mandos

So por isto xa pagou a pena, pero as fotos dos MIG coa estrela vermella lémbranme á unha das últimas películas que se fixeron da guerra fría cando aínda se andaba a caldear, Firefox.

Como é o museo do aire que mellor que unha foto aérea do mapy.cz, para ver que pinta ten e a ligazón á páxina do museo, máis informativa pero escrita nunha lingua incomprensible. ;-) O non son esperto na materia, non vou extenderme máis, e mellor ver unhas fotiños.

Aquí remata a viaxe por Moravia. Toda unha sorpresa. A ver agora por onde sigo...

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “Česká republika (III). Moravia (e 3)”

  1. Minchoon 05 Dec 2006 at 1:54 am

    Todo un paseo… Non hai mellor forma de pasar unha xornada xogando a ser axente especial durante a guerra fría.
    As fotos un 10. Esas colas dos mig 23 (poden ser calquera) están de premio. Saúdos.

  2. makeijanon 05 Dec 2006 at 2:07 am

    Xa sabía eu que che ían gustar… ;-)

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume