dec 07 2006
Single-drawing compatibility mode (Modo de compatibilidad de un solo dibujo)
Hoxe fixen un pequeno script para sustituir unhas referencias externas, virar unha folla e limpala, eran só 6 e pode que o traballo de crear un script non pagara a pena, pero realizar os mesmos pasos pola mesma orde é un pesadelo.
Chámame lacazán, pero ir a un menú é un incordio. Está ben cando empezas, pero non é práctico no día a día. A velocidade está na combinación de teclado e rato. Así a liña de comando segue a ser a diferencia.
Para executar este script en 6 (ou 250) follas hai que ir primeiro a:
Herramientas -> Opciones -> Sistema -> Opciones generales -> Modo de compatibilidad de un solo dibujo (Single-drawing compatibility mode).
Isto lévanos ós tempos do AutoCAD R14 e anteriores, (só me podo remontar deica o R12 (si, si, en MS-DOS e con plotters de plumillas e ben... isto é outra guerra), cando só se podía abrir un debuxo por sesión, pero a utilidade actual é ben distinta.
Este modo é fundamental para os scripts de múltiples debuxos, que tanto utilizo para facer conversións, limpezas, zoom extensión e outras tediosas tarefas.
O motivo deste artigo non é explicar onde se atopa a funcionalidade, senon o meu descubremento da variable de sistema que o xestiona.
SDI:
- Con valor por defecto 0 comportase de xeito habitual.
- Con valor 1 activa o modo de compatibilidade dun só debuxo.
Así tecleando SDI na liña de comandos ou dende a v. 2006 na entrada dinámica (dynamic input), cun numeriño activamos e desactivamos rápidamente a funcionalidade. Ata podemos engadilos ó comezo e fin do script!
chúzame -





Tienes un rollo….., mucho madrugas macho
Un saludo
Jano
Non home, deixei programadas as anotacións desta semana, non ves que estou de vacacións ;-).