Archive for Decembro 11th, 2006

Dec 11 2006

Infiltrados (The Departed). Reconciliate co cinema

Published by makeijan under Cinema, Espectáculos

The Departed Poster

Non sei porqué, pero xa non teño gañas de ver películas. A miña aversión pola xente en xeral, polos floqueiros en particular (xa sabedes, bolsiñas de plástico, pallas a chuchar de refrixerios gaseosos con alto contido en azucre, móbiles soando... en resume, a falta de educación), fan que as miñas visitas ás salas comerciáis sexan moi esporádicas. Aínda así un costume que manteño é o de ir o cine cando ando de viaxe.

Desta vez andiven por Lugo (desta viaxe falarei nesta semana, supoño), e cadrounos de ir ver a última de Martin Scorsese ,The Departed (Infiltrados). Non vou contar de que vai, nin que actores participan. As fichas técnicas están vencelladas onde deben, críticos hai a millóns, e máis dos que che contan tanto da historia que xa non necesitas vela. Só direi que as dúas horas e media que dura pasaron voando, e tivo un final dos que me gustan.

Agora teño ganas de que saia en DVD para vela V.O.s. (Debería ser unha obriga, pero isto xa é outra historia). Por certo, foi esta unha viaxe marcada pola sétima arte, xa que tomamos un viño xunto Imanol Uribe. Non estou seguro ó cento por cento pero casi. Xa me pareceu velo nun bar un día antes, pero ó intensivo ritmo de consumo alcohólico, puido afectar á miña percepción, polo que non fixen caso, pero a segunda vez que o vin, xa ó diga seguinte, compartimos barra un contra o outro, e ata me soou a voz. O que non sabía e que era tan grande, e os que me coñezades sabedes que non son precisamente un pitufiño. O dito, se alguén o coñece, que lle pregunte se andivo por Lugo nesta ponte.
Buscando unha ligazón decente (que non topei, pero algo tiña que poñer para que non o coñeza polo nome), entérome de que anda metido noutra rodaxe.

Chuzame! chuzame -

4 responses so far

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume