dec 12 2006
De PDF a DWG (II). Hai que ler os manuáis.
Rectificar disque é de sabios. A raiz dun comentario na miña anterior anotación estiven lendo algo máis sobre os PDF. Efectivamente, soporta as capas dende a versión 1.5, que penso equivale ó Acrobat Reader 6 (si, ese cúmulo de despropositos de Adobe).
Aínda que me recomendan usar o Adobe Illustrator para a conversión, non está na finalidade desta serie de artigos utilizar unha solución que teña custe económico para usuario, dado que para iso xa hai aplicacións específicas shareware coas que non teño experiencia, pero parece ser que dan moi bos resultados, por prezos moito máis baixos cós seiscentos e pico euros (máis IVE) que custa unha licenza do Illustrator.
Mentres non remato o resto do artigo cousa, que semella ir para algún tempo, paréceme util salientar un pequeno descubrimento.
Para un traballiño de urxencia tiven que facer unha instalación fora da miña casa. Por fin lle saco rendemento ó tempo que perdo escribindo neste blog. Repetín os pasos do anterior artigo e atopei unha falta. Non me aparecía o PSTOEDIT, instalado por defecto, así que fun buscalo descargueino, instaleino e lin a axuda procurando capas. Así foi como atopei esta opción que sen ser exactamente o que buscaba, sirve para un amaño.
[-ctl] map colors to layers
Deste xeito crearase un DXF coas entidades de cada cor nunha capa distinta. Introducirémola tal como se vé na imaxe, despóis de Editar -> Convertir a formato vectorial.

Unha vez realizado este proceso, que dura bastante máis que a conversión sen separación de capas por cores (a ollo, que non me puxen a medilo), obtemos un resultado semellante ó desexado.

Só hai que renomear as capas ó gusto e listo. Insisto que non é perfecto, pero xa tes para eliminar as masas arbóreas ou as curvas de nivel se non che interesan, por exemplo. Só me restaría filtrar os textos a outra capa, e xa tería un debuxo bastante operativo.
Vou seguir co pequeno script, porque xa o teño medio feito, e faltan os pasos de rotar, etc, mais de momento xa me chegou.
chuzame -





O GSView precisa de rexistro para facer a conversión a formato vectorial. Cérrase o programa no momento de darlle a ruta ó DXF…
Non necesita rexistro. Instalaches o PSTOEDIT?
Eu fixen unha conversión dende cero e o único problema que atopei nas miñas instruccións foi que non tiña instalado o PSTOEDIT.
Vale, xa probei con GSview :o
De verdade que é todo un detalle que te separe en capas por cores, pero a conversión non é nin de lonxe tan boa como con AI. Se fas zoom vese como as liñas están duplicadas, é moi raro.
Por certo, xa que estamos poderías escribir nun prósimo artigo cómo facer para asignarllela cota ós puntos de cota. Explícome:
-Como poderás observar na cartografía 3D da Xunta os puntos de cota teñen un valor de elevación inexacto, distinto do que figura no texto que os acompaña, e que parece o mais correcto dacordo coas curvas de nivel. As discrepancias poden estar entre uns poucos centímetros até centos de metros no peor dos casos. Isto deriva en problemas á hora de facer un DEM (cimas planas, afundimentos, etc.).
-A cuestión radica en cómo tomar eses valores dos textos (que parecen os axeitados) como valores verdadeiros da elevación dos puntos.
.
“Siempre negatifo, nunca positifo” ;-)
Machiño é que o queres todo. Non ves que eu gaño por post feito?. Se só escribo un non gaño, teño que facelo render (non rénder) ;-), é como sei poucas cousas … ;-)
A ver no seguinte episodio ía ese tema no script, pero como te vexo moi estresado, digo interesado, dígoche que son poliliñas con grosor. Nunca as vira, con grosor, pero non recheas. Seguramente serán controladas por algunha variable de sistema pero non lle vexo interés.
O único que hai que facer é seleccionar todo o debuxo, editpol e poñer o grosor a cero. Non dubido que o A.I. sexa unha marabilla, pero penso que para isto non é necesario.
Respecto o tema do 3D non o controlo moito (sinceridade ante todo).Os DEM só me soan do Vistapro un software que tiven hai anos, pero moitos, o que pasa é que non lle topei utilidade.
Queres dicir os PDF conservan o Z, pero na conversión non?. Ten lóxica xa que non conservan nin o X nin o Y. O tema é que se todos están relacionados supoño que con situar un par de puntos con Z coñecido, estarían no sitio (como pasa co X e Y), pero isto xa é falar por falar.
Cóntame como che vai.