dec 13 2006

Restaurantes galegos en Gourmetour 2007

Published by makeijan at 8:31 am under Actualidade, Gastronomía

Mellores restaurantes Galegos. Gourmetour 2006

Onte comentoume un amigo que saira esta nova o domingo en El Correo Gallego, e fun botarlle un ollo. El estaba máis interesado na relación de viños e eu na de restaurantes ;-). Logo xa lin a nova en Chuza, e busquei un exemplar e escaneeino, para os que non tiveran acceso ó mesmo.

Lendoo, síntome coma de rapaz cando coleccionaba cromos. Este teñoo, este non o teño, ou máis ben, sipi, nopi, nopi, nopi, sipi ;-). Qué tempos!.

Haberá que ir seleccionando nomes para visitar en vindeiras blogoxantanzas (estará algún día esta palabra no diccionario da R.A.G.?). Tranquiliza ver que hai máis propostas que tempo (e cartos, isto non tranquiliza ;-)). Só con esta selección de oitenta e seis restaurantes, a razón de 4 por ano, (sendo optimistas), teríamos para máis de 21 anos!.

Por outra banda, sorprenden algunhas puntuacións. Só podo comparar entre uns poucos e entendo que se visitas un restaurante hai 2 anos, pode que agora cambiara o seu servizo (para mellor ou peor, que todo pode pasar), pero entre o recentemente visitado España de Lugo (do que teño pendente a crítica), e o Yayo da Porta de Cambados, seleccionado para o comezo das reunións blogogastrónomas verdadeiramente non vexo comparación, nin en técnicas . Porque, qué se puntua? Os anos de experiencia?. A pertenza a un grupo? ou o que che poñen no plato?.

Para a próxima xantanza estaba moi ben situado o Restaurante A Estación en Cambre (A Coruña). Haberá que replantearse esta opción?.

Cambiando de tema, como ben comentaba Colineta no Galicia Gastronómica, non se sabe a que se adican eses inspectores, e dubido seriamente da súa imparcialidade, como moito permitolles ser unha referencia que haberá que comprobar coa experiencia. Igual que pasa cos amigos, hai algúns que se che din que se come ben nun sitio, é palabra de deus, e outros que non sabes que é o comen na súa casa, porque lles vale todo ou non lles vale nada (a xente non che sabe comer).

A nova dixital, pero sen a relación e puntuación de restaurantes, correspondente ó orixinal de onde escaneei a listaxe, pode consultarse aquí.

Chuzame! chúzame -

5 Responses to “Restaurantes galegos en Gourmetour 2007”

  1. gourmetdeprovinciason 13 dec 2006 at 2:46 pm

    Pois collo prestada a imaxe, que hai moito material que trillar aí.

  2. Moraiminhaon 15 dec 2006 at 12:27 am

    Sempre me preguntei onde había que presentar o curriculum (e que probas lle facían a un) para traballar como crítico gastronómico. E penso, ¿e logo eu non podería traballar en algo así?

    Pois igual non, visto o visto.

    Vaia por diante que a maior parte non os coñezo, pero cos que si fágome unha idea de por onde van os tiros, e xa non entendo nada.

    Boto de menos, por exemplo, o Eirado da leña, en Pontevedra, que nada ten que envidiar ó Ana (eu estiven no de Silleda, non no de Santiago), que aparece dúas veces. E non podo entender que o España de Lugo, no que xantei o outro día e que me deixou totalmente indiferente esté tan ben valorado ; será por formar parte do Grupo Nove, aínda que non ten nada que ver con Pepe Vieira ou Pepe Solla, por exemplo.

    Tamén me chama a atención a presencia do Alvariñas, en Poio, ó que nunca vou porque ninguén mo recomendou; e o Loliña, no que a pesares de ser de Carril tomei as peores ameixas á mariñeira da miña vida. Evidentemente, a calidade do producto é fundamental; pero chegados a un nivel, eso nin sequera debería ser baremable (”se le presume, como el valor”).

    E, como non, a inmerecida baixa puntuación do Yayo Daporta.

  3. gourmetdeprovinciason 15 dec 2006 at 3:13 pm

    Moraiminha, eu as veces que comínen Loliña o marisco e o peixe eran impresionantes. Tamén é certo que xa hai ben de tempo que non volvín.

    Respecto ó outro que dís, completamente de acordo.

  4. makeijanon 15 dec 2006 at 4:08 pm

    Pois nos fomos este ano antes do verán, e foi unha decepción absoluta.
    Caro, atención pésima, e sí moi bos camaróns, que non teñen ningún misterio (aparte da materia prima), pero aquelas ameixas daban pena.

    Non me extraña que perdera a estrela michelín.

  5. moraiminhaon 15 dec 2006 at 7:42 pm

    Certo Gourmet, a calidade dos productos de Loliña é inmellorable, pero… penso que calquera de nós que se plantexa gastar en segundo qué ocasións 50 ou 60 euros nun xantar ou cea, tamén paga no mercado unha boa merluza, ou rape, ou camaróns… ou o que se sexa. Así que á hora de decidir saír da casa, a calidade do producto non é o que determina a miña decisión: se me cobran 60 euros por cabeza por cear, que foi o que pagamos en Loliña, ou a materia prima é boa ou queimo a cociña (metaforicamente falando, por suposto). E pódoche asegurar que case en calquer tasca podes tomar unhas ameixas á mariñeira mellores que as do Loliña. Ate a mín me quedan mil veces mellor, e iso que non chego nin de lonxe ó da miña sogra, que fai as mellores ameixas á mariñeira do mundo. De ahí a miña decepción con Loliña.

    Porque unha cousa tamén che digo, deixando a salvo citas familiares ou con amigos, que entón dame o mesmo a onde ir pois iso é secundario á compañía, ou o que me van a dar é algo que non podo tomar na miña casa, ou o fago eu mesma que aínda aforro cartos.

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume