Dec 14 2006
Second to last concert. Sexy Sadie. C.U.V.I. 12/12/06

Mentras escribo estas verbas, un grupo de afortunados estarán celebrando chorando porque hoxe foi o derradeiro concerto de Sexy Sadie en Joy Eslava. Madrid.
Por unha vez estou no sitio axeitado, e podo asistir á penúltima actuación dunha das bandas clásicas dos 90. The second to last concert, que dixo Jaime xogando co título do tema que abre o seu último CD (non digo derradeiro, porque xa anunciaron que ían gravar o do día 13 en Madrid).
Non sei que dicir. Podo contar que tiven que engraxar a miña cintura para poder saír do choio a tempo, porque, a quén se lle ocorre poñer unha actuación ás 18:30? A alguén da universidade. Había anos que non ía polo CUVI, e non o recoñecín. Iso que algo andiven nalgunha obriña, pero ata que logrei convertir a planta que tiña na miña cabeza, naquela morea de millóns enterrados alí pasou un ratiño.
Centrémonos no concerto (se son capaz). A actuación comenzou puntualmente nun auditorio integrado nun centro comercial universitario (estes arquitectos cataláns son para darlle de comer aparte), e estaba cheo pero non abarrotado, iso sendo de balde a entrada. A formación desta xira eran os guitarra, baixo e batería de costume, máis un guitarra novo, e un teclista-guitarrista.
Á dereita unha foto do setlist (preme nela para agrandar a imaxe). Penso que tocaron as primeiras e as últimas, pero non me lembro de todos os temas nin moito menos.
Abriron con Always drunk con tres guitarras que a fixeron demasiado abigarrada e barulleira, afortunadamente mellorou o son no pequeno repaso polo Translate, que comezou a conectarme alí mesmo. Ata agora só o escoitar dúas ou tres veces no coche, e non lle collía o gusto.
Non lembro en que tema Jaime cantou o estribillo de When doves cry do Purple Rain de Prince, un bonito momento que espero que repita na gravación pero que seguramente non sexa así, para non pagarlle ;-).
Foi a cuarta vez cos vía en directo. Está ben separarse cando aínda se ten algo que dicir, e non dubido que teremos novas deles pronto, con outros nomes pero aí estarán.
Luces arriba, música gravada, só resta recoller e desaparecer...

chuzame -





Joder, é algo que odio da UVIGO, TODOS os concertos xeitosos van a parar a Vigo, é como se non houbese máis campus…Este é un dos que non me debería de perder, pero unha vez máis, téñome que joder :-/