Dec 29 2006
Script de actualización dos postos de rede do m4PRO e m4PROet
Aproveitando que podo programar a publicación dos artigos, vai este para pechar o ano, mentres eu ando polo húmedo de León co duro traballo de campo que é ir tomar pinchos ;-)
Levo uns 3 anos administrando esta aplicación para uns 20 usuarios (non concurrentes), co que xa me topei cun feixe de caralladas. Algunhas van sendo solventadas, pero outras...
Unha que me parece un pouco cutre, é que nas actualizacións no paso de versión 3.X a 3.X+1, non se actualizan correctamente os postos de rede. A solución que che dan dende solinat é que copies un ficheiriño en cada posto de rede. Para os usuarios de terminal é ben doado porque só o tes que facer unha vez, pero no resto de clientes é unha historia, acender equipos e copiar manualmente.
Así que como son moi vago, decidín que tiña que atopar algún xeito de facer isto dun xeito menos traumático, e a solución que atopei foi crear un script que lanzar dende o netlogon.vbs. Así mediante un proceso composto por un pouco de aprendizaxe, e moito corta e pega, cheguei a este resultado.
' Script actualización postos de rede do m4PRO
' Por makeijan
' Agosto-Decembro de 2006
' http:\\acitc.blogaliza.org
' Se o usuario ten mapeada a unidade do servidor m4PRO e hai unha instalación local do posto de rede
' Copia a nova versión do cliente ó equipo no que se atopa.
' O mesmo para m4PROetOn Error Resume Next
Dim Fso, WSHShell
Set WSHShell = CreateObject("WScript.Shell")
Set Fso = CreateObject("Scripting.FileSystemObject")If ((Fso.FileExists("z:\m4PRO\tmp\m4red.exe")) and (Fso.FileExists("c:\solinat\m4PRO.RED\m4red.exe"))) Then
Fso.CopyFile "z:\m4PRO\tmp\m4red.exe", "c:\solinat\m4PRO.RED\m4red.exe"
End IfIf ((Fso.FileExists("z:\m4PROet\tmp\m4red.exe")) and (Fso.FileExists("c:\solinat\m4PROet.RED\m4red.exe"))) Then
Fso.CopyFile "z:\m4PROet\tmp\m4red.exe", "c:\solinat\m4PROet.RED\m4red.exe"
End IfWScript.Quit
Cada un que adapte os camiños ó seu contorno. O posto de rede xa se instala por defecto, en %systemdrive%\solinat, aínda que eu o teño cambiado no servidor, o que provoca que desapareza a icona de cando en cando, nada importante. A unidade mapeada supoño que cada un terá a súa. Sustituir e listo.
O que son as cousas, mentres pegaba e repasaba isto, dinme conta de que igual era máis doado facelo tendo en conta, que todos os usuarios que usan o m4PRO están no mesmo grupo. Aínda que ben pensado, seguirei o ancestral criterio informático.
Si funciona, nin o toques
chuzame -





