Archive for Decembro, 2006

Dec 21 2006

L-V. De luns a venres un xornal gratuito e en galego

Published by makeijan under Actualidade

Aquí tedes un escaneo da portada de LV De luns a venres un xornal enmarcado nesa nova vaga de prensa escrita gratuita. Unha boa nova para a língua que axudará á súa normalización.
De luns a venres
Ata o de agora só tiven contacto co Qué! edición viguesa e parecíame excesivamente amarillista. Do que vin ata agora, este semella máis moderado, e tamén me chama a atención o tema da publicidade. De momento só a institucional está en galego. É lóxico que non poñan trabas ós anunciantes que o fin e o cabo son os que pagan o xornal (supoño que tamén terán un feixe de cartos da administración), ainda que agardo que se dean conta de que quen le un xornal en galego, tamén valora que os anuncios estean na misma lingua. O tempo dirá.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Dec 20 2006

Ceas veganas en Lugo? Uff!

Published by makeijan under Batallas, Persoal

Ceas Veganas en Lugo

Non teño nada en contra dos veganos. Calquera opción sempre que sexa persoal é non incomode ós demáis paréceme perfectamente válida. Simplemente me chamou a atención este cartel que poboaba as rúas da cidade amurallada, mentres nos andabamos á procura xustamente do contrario. Porque con eses rixóns, o chourizo, o lacón, e en xeral todos os derivados do porco que podes degustar alí, ten que ser moi dificil conterse. Se cadra se vivira en Lugo estaba cheo deles.

Non podo evitar comparar o mercado de Lugo co de Pontevedra. A atención dos vendedores foi fora de serie. Non resta máis que sucumbir os praceres que nos ofrecen os chanchiños, e aproveitar para mercar algo por alí. Un día destes terei que cociñar algo co que merquei.

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

Dec 19 2006

Comunitel (Tele2) denuncia a bandaancha.st

Published by makeijan under Actualidade

Bandaancha.st é unha das miñas páxinas de cabeceira. É unha das miñas referencias informativas, sendo tamén o único sitio a parte deste onde me deixaron públicar algo ;-). Hoxe atopo esta desagradable nova.

Podedes seguir día a día o asunto aquí.

Dende aquí todo o meu apoio.

Pode que algún día remate esta longa batalla entre Davide e Goliat e as grandes empresas deixen de asoballar ós usuarios. Pode ... mais non o creo.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Dec 18 2006

Un costume particular. Tellas de Lugo

Published by makeijan under Batallas, Gastronomía, Persoal

Tellas

Non lembro como comezou este costume, pero sempre que vou por Lucus Augusti levo para a casa unhas tellas. Este doce non é tradicional de alí, pero algún motivo comecei a mercalas alí dunha vez, e veño repetindo esta visita dende aquela. Lembro un ano, xa coa miña muller (aínda que daquela aínda non o era), que non sei porque motivo decidimos que tiña que haber unhas mellores cas da Pastelería Ramón (que é onde as mercamos sempre), e comezamos un pequeno periplo polas confeiterías e pastelerías da capital luguesa.

Tellas

O resultado, folga dicilo, foi que a miña particular tradición estaba fortemente cimentada na experiencia.

Só me resta comentar que sempre nos tratan de marabilla, é cando non son para o consumo no día nolas entregan ven envoltas con papel film, para conservar a frescura durante máis tempo. O certo é que non fai falta porque non duran moito ;-).

Chuzame! chuzame -

One response so far

Dec 15 2006

Como NON facer unha guía

Andaba eu a buscar se realmente perdera O Loliña de Carril, unha estrela Michelín (cousa que me soaba, pero non está de máis comprobalo), e atopeime con esta xoia de ElPais.com. Atopei o local que buscaba pero non a información, pero ó ser do día de hoxe (iso pensaba eu), lino.

De entrada, só con ver onde ubicaba La Taberna de Rotilio xa me deron arcadas (eu sonche así, e iso que traballo nunha empresa onde estamos suscritos á edición en castelán do D.O.G.). Igualmente, decidín lelo dende o inicio, e tiven que deixalo cando cheguei á recomendación de O Ceboleiro, en Noia.

Hai pouco máis dun ano, andiven polo Barbanza seguindo unha guía do Gourmet de Provincias onde nos recomendaba xantar no mesmo lugar. Cando chegamos a Noia, damos un par de voltas, e o no atopalo, preguntamos nun quiosco, situado perto de onde debería estar o restaurantes. A muller toda aflixida, dixo, pero iso xa pechara había máis dun ano, que ía para dous. E engadiu:  iso seguro que o víchedes nunha guía, habería que avisalos. A nosa guía era do chepas, pero canta xente chegará coa última edición correxida e actualizada, na que apareza o Ceboleiro.
Sempre o comento, pero non sei se o escribín algunha vez. Nas Festas do Cristo, xa hai anos, entre copa e copa, comezamos unha conversa sobre os medios de comunicación. En resume, o amigo Miguel (que por certo coido que anda currando por Sidney e calquera día sae na prensa por alguún traballo de investigación), puxo un exemplo, para demostrar nas mans de quen estaban as nosas opinións. A idea era máis ou menos esta: pensa en algo do que saibas (cada un ten unhas afeccións, ou un traballo que lle aporta unha relativa competencia á hora de opinar en según que temas), agora colle un xornal, e le as barbaridades que escriben. Ti sabes que non están no certo porque se sabes algo do asunto, podes contrastalo cos teus coñecementos, pero qué pasa cando descoñeces a materia e queres informarte?.

Outro exemplo sería o dos tertulianos radiofónicos (xa non quero falar dos televisivos), que o mesmo che falan de política internacional, economía, relixion, futbol... é posible saber de todo?. Afortunadamente os da prensa rosa están especializados e xa teñen bastante co seu. ;-)

Chuzame! chuzame -

7 responses so far

« Prev - Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume