Xan 03 2007
Galletas mariñeiras con magret de pato, queixo de ovella semicurado e mostaza en gran
É o que che ten esta tendencia a dar toda a información dos platos no título, xa sabedes o que hai, só hai que verlle a pinta ;-).

É moi doado necesitamos galletas mariñeiras (por suposto), unhas lonchas de magret de pato que ocasionalmente venden no Lidl, unhas hostias de queixo de ovella, realmente deben ser moi finas, case transparentes, para que lle dean ese brillo e un toque de sabor, pero non enmascaren ó magret que é o realmente importante e finalmente uns grans de mostaza á antiga (mellor que veña da neveira) que son o contrapunto de cor e sabor nesta presentación.
Simplemente deitamos un par de lonchas ou tres por galleta, sobre elas unhas lascas de queixo, é damoslle un golpe cun soplete ou pala de queimar, ata que comece a fundir a graxa do magret, e o queixo. Rematamos cos grans de mostaza.
Recomendo consumir antes de que enfríe completamente, para apreciar o contraste de sabores e de temperaturas.
chuzame -





Magret de pato, mostaza á antiga e soplete no mesmo prato!!! E logo son eu o que leva a fama de enrevesado na cociña
Ese recetario de galletas mariñeiras vai medrando a bo ritmo. Terei que facerme con outra bolsa para seguir investigando.
Son catro cousas que andaban pola cociña XD. Antes nacían e morrían alí, agora simplemente as fago públicas.
Se cadra algún día vexo algunha delas nunha degustación por aí…
[…] A miña teima con estas galletas, débese a que últimamente en calquera cea que facemos na casa, estámolas poñendo de aperitivo ou primeiro prato e a todo o mundo sorprenden. Esta presentación doce, combinada, por exemplo, coa anterior receita, son preludio dunha agradable velada. […]
[…] Con magret de pato, queixo de ovella semicurado e mostaza en gran por ACITC. […]