xan 07 2007
O meu mestre de matemáticas
Non coñezo moi ben o sistema educativo actual, pero nos meus tempos, cando entrabas en 6º cambiabas de ter un mestre para todo, a ter un para cada asignatura. O de matemáticas chegou contando que tiña un radar no coche (eran os tempos do coche fantastico) e con iso nos contralaba a todos. Contandonos alí catro cousas, que si sabía que foramos a tal sitio, ou que mercaramos non sei qué, deixabanos abraiados.
Semella que ó meu mestre lle petou o radar.
chuzame -





So espero que non aprenderas demasiado del…
Pois eu tiven un de inglés que contaba que o seu avó bebía dez litros de viño nun só trago sen tomar alento metendo a cabeza nunha pía, e que nos colexios americanos os alumnos collían os exames -unha vez rematados-, metíanos debaixo do pupitre e saían corrixidos. Estamos falando de 1978.
Espero que el non se metera a concelleiro relacionado cunha desfeita urbanística…