Xan 11 2007
Česká republika (V). Terezín (1)
Os nenos checos teñen que ir a un campos de concentración de excursión mentras están escolarizados. Sasa, a nosa anfitriona, dixo que non voltara ir a un dende aquela, e estaba toda alporexada porque Óscar nos levara alí.
Terezín (checo) ou Terezienstadt (alemán), foi un dos tristemente famosos campos de concentración utilizados polos nazis na II Guerra Mundial.
Non é un parque de atraccións, pero penso que polo menos todos os europeos deberían ir a un de pequenos. Moito ben faría na nosa sociedade. Non sei se os alemáns tamén están obrigados (supoño que si), pero nos coincidimos cunha boa cantidade de escursións escolares dese pais.Vista aérea de Terezin, o guetto na dereita e a pequena fortaleza á esquerda. Fixádevos na forma de estrela que teñen ambas fortalezas militares do século XVIII. Tamén podedes aprecialo nesta visita virtual. Hai moito que contar, pero as fotos son máis fermosas e impactantes cas palabras, neste tipo de casos.

O Cemiterio Nacional

Ós pes da pequena fortaleza chama a atención a sobria beleza do cemiterio nacional, onde se aliñan as lápidas sobre un coidadísimo xardín. Unhas teñen nome e apelidos. Outras simplemente un frío número de identificación. Todas elas, sen distinción, se atopan separadas por unha roseira vermella, que transforma un campo de herba e pedra nun espectacular oasis.
Unha inmensa estrela de David cunha morea de pedras achegadas, domina o camposanto. No centro comparte espazo unha cruz, cunha coroa de espiñas. A morte igualanos a todos.
Curiosamente é doado distinguir unha tumba dun xudeo, polas pedras que hai sobre ela, cousa que me chamou a atención, e que nos indicou brevemente o noso guía.
Resulta ser un costume xudeo que descoñecía por completo.
En definitiva, un lugar polo que se entra de cara a cadea da Gestapo no interior da pequena fortaleza, que se ben impresiona á entrada, non deixa nin moito menos indiferente á saída, é que todo o mundo debería visitar.
Próximo episodio. Česká republika (VI). Terezín (2). A Pequena Fortaleza.
Nota. O plano de campos de concentración está tomada de Wikipedia.
chuzame -





Coincido con Makeijan en que a visita a Terezín foi algo espectacular; só o paseo polo medio do cemiterio antes de chegar á fortaleza xa pon os pelos de punta. E si, visitar sitios coma este debería ser obrigatorio: non se pode deixar que certas cousas cheguen a esquecerse.