xan 16 2007
Filloas de sangue (I). A SOBREMESA (con maiúsculas)
A matanza do porco é un ritual abraiante. Hai ben anos que non presencio ningún (afortunadamente por unha parte). A tradición é aproveitar algunhas partes frescas e salgar o resto. As primeiras como é lóxico só se comen unha vez o ano (haberá quen mate máis dun porco ó ano, pero non é o normal). O figado encebolado (qué so como na matanza), a zorza (que é a paixón da miña muller), o raxo, os rixóns, o solombo... pero de entre todas elas o sangue é o meu preferido. Non é que sexa un vampiro pero é coma todo. Se podes comelo a cotío, non o aprecias. Como o sangue só se come unha vez o ano morro por el. Non é que o tome a culleradas, senon nas pouco coñecidas filloas de sangue. Seguro que hai xente que só as coñece pola letra de Galicia Canibal de Os Resentidos, pero eu son un deses afortunados que as pode degustar unha vez o ano.
Tiña pensado facer dúas anotacións. Unha coas fotos do estilo da familia da miña nai, e outra coas da familia da nai da miña muller (xa dixen máis veces, e senon digoo agora, que non me gusta nada a palabra sogra). Desgraciadamente a coincidencia de ámbalas dúas matanzas (separadas poucos días), e as datas que corren (isto foi unha semana antes do nadal) fixeron que a miña nai fora deixando o sangue ata que se perdeu. Así ata o ano que ven non teremos Filloas de sangue (II). O regreso ;-). Non se trata de ningunha rivalidade nin problema entre familias. Simplemente que se fan dun xeito distinto.
Así aquí vos presento ás filloas de sangue que polo que teño visto son máis habituáis, semellantes ás doces pero que levan unha parte de sangue e auga, no lugar do leite. Fermosas, nonsi?. Pois aínda saben mellor. ;-)

Botándolle un ollo á wikipedia atopei o concepto Galilibro e nel este sorprendente recetario de filloas. Hai algún estilo como o das filloas queimadas que resulta moi espectacular para presentar nunha mesa, e da que terei que tomar nota. Voltando ó tema, a receita de filloas de sangue é similar á da miña familia política, que viría sendo a da foto.
chúzame -





Desde febreiro que non as tomo.
Por certo, se a túa muller é unha fanática da zorza toma nota para cando subades cara a Compostela: Casa Neira (Solláns, Teo), a un par de kilómetros do Milladoiro. Zorza boísima e polbo igualmente bo (gústame especialmente o que fan en cazola con ameixas). Típica casa de comidas de aldea que non debe pasar dos 20/23 euros por comensal.
Non é especialmente doada de atopar. Ten un post no meu blog, pero se precisas máis indicacións, xa sabes onde atoparme
Rectifico. Non debería pasar de 18/20€
Pero ti queres acabar coa miña estilizada liña XD. Teño unha voda o mes que ven, e non vou entrar no traxe…
Tomo nota igualmente, pero aínda teño que ver se visitamos o fogar do santiso…
Hai tempo que non lle meto o dente a unha desas… e na miña casa as de sangue son: filloas. As de leite, son filloas de leite.
[...] ser doutro xeito, pero tamén unhas follas de limón e filloas de sangue, das que xa temos falado noutras ocasións, e que non son as tradicionais da época, mais este ano foi especial. Que máis se pode [...]