Xan 17 2007
Qué carallo come a xente?
Son bastante desordenado e non vou cambiar agora. Tentarei partir de varias ideas e chegar a unha conclusión ilóxica como sempre fago.
Idea 1
Os meus pais sempre se fixaron moito nos carros da compra. Dende que abriu o primeiro Alcampo en Coia (Vigo), é o meu pai o que fai unha compra mensual.
Lembro de pequeno que se alteraba todo, cando vía a nais dandolle chocolate e galletas ós rapaces. Paquetes que logo deixaban abertos en calquera sitio. Outro comentario habitual era o dos carros da compra, cun cacho de polo sifilítico (así lle chama el) e tomate de bote. Sempre falaban que esa xente ía ben vestida, tiña un bo coche, e saían a fin de semana, cousa que non tiñan os meus pais, pero o carro da compra érache ben distinto.
Idea 2
A raiz da lectura deste artigo de cocinalia, hai un programa máis que penso que nunca verei. Recomendo a súa lectura, porque non vou falar de algo que non vin, pero coa idea que me fixen podo respostar humildemente á súa pregunta:
-¿por qué resulta tan difícil usar el sentido común hoy en día?
-qué sentido común?
Idea 3
Un día de compras por Mercadona atopamos ovos cocidos. Vendían unha ducia de ovos xa cocidos. Asaltaronme dúas dúbidas.
- Tanto traballo é cocer un ovo?
- A quén se lle ocorrerá mercar un ovo xa cocido?
Pois ben, onte contaba unha compañeira de traballo que comera en pouco tempo. Quentou un bote de arroz, en dous minutos no microondas, picou un ovo cocido de Mercadona (xa coñezo alguén que os merca), e non sei que máis. Podedes imaxinar a miña cara, mentras o contaba, e cando comento as miñas dúbidas metafísicas cos ovos (que en realidade son as mesmas cas do arroz), xa salta outro compañeiro falando, que se a crema de cenouras de non sei quén, e a outra dí que se as lentellas de lata lle saben mellor cas súas... e en definitiva, unha espiral de despropósitos culinarios, que fan que me sinta un fora da lei, polas miñas afeccións culinarias.
Idea 4
Os meus pais non me daban habitualmente pastelería industrial, nin refrescos. Cando iamos de viaxe, a miña irmá e eu sempre bebiamos auga, na casa por descontado. Nos recreos mentres os meus compañeiros tomaban bolos de leite, cropanes, panteras rosas, e outras delicias, eu tomaba bocadillos de queixo de bola con doce de marmelo feito pola miña nai. En temporada, farteime de comer empanada de Lactarius Deliciosus (quen a collera agora), leite fritido e outras comidas coas que me castigaba a miña nai. Co bo que sería que me deran cartos para mercar o mesmo cos outros compañeiros! (iso pensaba eu, claro).
Corolario
- Si. Somos o que comemos.
- Gran parte do que son os fillos é culpa dos pais (para ben e para mal).
Cuestión de prioridades
Por qué non entendes que vaia a un bo resturante de cando en vez e viaxe o máis lonxe que podo, tendo un Corsa vello, mentras que tí sales todas as semanas, e tes un Golf novo?
A resposta da man do amigo Gourmet de Provincias.
chuzame -





1- Como vigués de nacemento, e de familia de clase media, eu flipei o día que abriron o Alcampo de Coia e me levaron comer a aquelo do bufet. Desde entón só quería ir alí os sábados para tomar un cuarto de polo asado con ensalada (que levaba olivas negras) e de postre un yogur de vainilla ou de mazá, que eran unha novidade daquela. Como cambian os tempos.
2- A realidade gastronómica do 90% das familias do estado é para botarse a chorar. Coido que un bo reflexo é o tópico dos Sanjacobos e a cea do venres no chinés da esquina de series como Los Serrano, do que falei hai uns meses.
3- A xente pode gastar unhas cantas ducias de euros nunha entrada ó futbol ou pagar cada mes cotas do coche equivalentes a tres cuartos do seu soldo, pero se botas unha ollada ó que pon na cinta da caixa o que tes diante na cola do supermercado, case sempre levarás as mans á cabeza.
4- Ós precocinados que non entendo engadiría a cebola fritida, os sofritos de tomate, a tortilla de patacas, eses vasiños de sopa (como se fora tan difícil de facer a sopa de sobre que meten no vasiño), as patacas fritidas precocinadas, os botes de patacas cocidas “calentar y listo”, a cebola ou a cenoura xa picadas que venden nas tendas de conxelados (nin que fora tanto traballo), esas roscas/bocadillo que venden semiconxeladas, esas cenouras precocidas…
5- Pese a todo, que conste que un día á semana me toca quedar a comer no traballo para facer garda pola tarde e que ese arroz de quentar no microondas me ten salvado máis de unha tarde de inverno de comer só unha ensalada. E é que por moi gourmet que sexa un, non pode resistirse a comer quente. COnfesións dun gastrónomo arrepentido.
Gracias por la corrección de Viña GodeVal y gracias por visitar mi blog.
¡Que pena no poder entender tus artículos completamente!
Un saludo.
De momento no aprenderé gallego, tengo suficiente con empezar a comprender la godello u otras variedades de tu zona.
Gourmet, respecto o punto 5. Non se pode negar que toda a gama de precociñados, conservas e demáis inventos similares, para situacións como a que comentas, son unha gran invención. O problema é cando non se usan para o que son, senon como base da dieta.
Guarda de Navarra. Hay un enlace para una traducción de máquina en los enlaces (ligazóns), procuraré ponerla en un lugar más visible.
¡¡Home!! Por unha vez teño coñecemntos bastante amplios do tema… coma solteiro vivindo nunha cidade grande e horarios esclavos… Nen podo adicar tempo a cociñar e tampouco podo mercar demasiado.
No meu caso o cociñeiro vago recurre:
- Ensaladas de tempada: cona, preparar unha ensalada non ten complexidade, ademáis de que aguantan moitos días fresquiñasssss… Tomate e Pepino no verán, Leituga no outono e primaveira, Repolo en inverno… e para darlle variedade… Encurtidos e Olivas.
- Ovos… ¡¡Pero non cocidos!! Que coñooo… Se son só 10 minutejos.
- Conxelados: preferiblemente sen preparar. Gambas (se desconxelan ben rápido - e promovo a destrucción dos manglares, tamén) , o peixe que venden coma merluza.
- Pasta / Arroz / Polenta …. Gracias ás filipinas aprendin a preparar o arroz blanco no microondas. Unha maravilla. Nada de botes preparados nen complexidades, un bol, auga, arroz, e unhas cantas probas para pillar os tempos do forno.
- Pan, pan, pan… Un bo bocadillo, variado… é moi boa cena.
- Latas de peixe. Quedei bastante sorprendido ó comprobar que son das poucas conservas que non levan negún conservante ou aditivo.
El sentido común es el menos común de los sentidos. Aunque esta frase sea un lugar común, cada vez parece más cierto.
Yo de pequeña para poder comer un bocata de nocilla ( a la que adorábamos mis hermanas y yo, y nos ponían en el lugar más alto de la alacena) tenía que currármelo mucho. Un día me tomé un vaso entero a cucharadas y el estreñimiento me enseñó las consecuencias de una mala alimentación, bajo la severa mirada de mi madre. Y para poder tomar una “pantera rosa” tenía que hacerle un montón de recados a mi madre. Nunca nos han dejado comer con otra cosa que con agua, el agua era la regla general y los refrescos la excepción. Y había que probarlo todo; no podíamos decir que no nos gustaba algun alimento sin probarlo. Yo creo que la gente en general no sabe “alimentarse”, no existe la costumbre sana de consumir productos frescos, verduras, legumbres, frutas, pescados, quizá porque los padres ya no van a la plaza, compran en supermercados, y no tramsmiten una cultura culinaria a sus hijos. Hemos perdido el contacto con los alimentos porque creemos que nacen, crecen y se desarrollan en los supermercados, que vienen plastificados de nacimiento, y no se cultiva la gastronomía tradicional. El pulpo ya solo se come en los restaurantes y bares de tapas, y sin embargo es un plato sencillo de cocinar, que no exige mucho tiempo y se puede hacer de un día para otro y está estupendo. Me he enrrollado.
A min a natureza non me dotou dunha intelixencia elevada, non obstante dende as profundidades da miña ignorancia, se a miña voz chega a ser audible comunicarei un punto de vista persoal sobre o punto 2 da idea 3 deixando a un lado o aspecto culinario.
Eu considero que a maior parte da sociedade, (isto é unha valoración persoal), está a desenvolver unha serie de actitudes e comportamentos de nova adquisición inducida polo ente mediatico -tal é o consumo de precociñados que como di makeijan non se usan para o que son.
Tamén penso que tódolos individuos formamos parte da sociedade e facemos sociedade coas nosas conductas; a causa da socialización estamos dotados de capacidade sancionadora para a nosa propia conducta e tamén a temos para condicionar outras conductas, verbal, paraverbal ou conductualmente.
O q
O que quería dicir cando premín enviar sen querer é que como como persoas que constrúen unha sociedade, deberíamos censurar certo tipo de conductas nos individuos para que certas prácticas non cheguen a ser modelos aceptables de comportamento.
Eu diría que isto debería ser a directriz nas nosas interaccións cos demáis.
E non sei se me expliquei ben. Pero penso que se certos hábitos de consumo e estilos de vida foran censurados na interacción cotiá todo cambiaría profundamente. A mín cando alguén me di que come tódolos días precociñados censuro a súa conducta “in situ”. Dígolle que non come ben e que xenera máis residuos dos necesarios, sobre todo cando consome envasados individuais.