Xan 22 2007

Galletas mariñeiras con queixo de cabra caramelizado e orellóns de pexego

Published by makeijan at 8:28 am under Gastronomía, Receitas

Ó igual ca última receita coas galletas mariñeiras, o nome desvela calquera misterio nos ingredentes e preparación. Igualmente haberá que contar un pouco de que vai o asunto, por se alguén se anima a emular os meus pasos. ;-).
Cortaremos o queixo de cabra en discos (eu merco un con presentación en rulo que facilita esta preparación).

Recomendo quentar o coitelo nun vaso de auga moi quente, para facilitar o corte.

A continuación espallamos un pouco de azucre moreno por riba do queixo, e coa pala de queimar procedemos ó caramelizado. Finalmente, adornamos cuns orellóns de pexego cortados en tiras, e damos outra pasada co soplete, para que desprenda máis aroma.

Galletas mariñeiras, queixo de cabra  caramelizado e orellóns de pexego.
É moi doado de preparar, se cadra o máis complexo é atopar os orellóns, que non teñen nada que ver cos industriáis de albaricoque.

A miña teima con estas galletas, débese a que últimamente en calquera cea que facemos na casa, estámolas poñendo de aperitivo ou primeiro prato e a todo o mundo sorprenden. Esta presentación doce, combinada, por exemplo, coa anterior receita, son preludio dunha agradable velada.

Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume