Xan 24 2007

Un botón para aforrar traballo: UCSFOLLOW + SCP Vista

Published by makeijan at 9:25 am under AutoCAD

Como xa comentaba, hai uns meses, a desaparición de VISTADIN (_DVIEW) da versión LT de AutoCAD foi unha p.... (cada un que pense o que queira). A solución que atopei é un sucedaneo, pero funciona, o que sí da e máis choio.

Na miña cruzada persoal por traballar pouco e facer o mesmo, decidín crear este botón para unha barra de ferramentas. Eu sonche máis de liña de comandos, pero se teño que usar dous comandos para facer o mesmo que cun botón, a decisión é doada.

Modifiquei esta icona cun F, para que lembrara Follow: UCSFOLLOW. Cada un que use a que máis lle guste ;-). Se queres descargar e usar esta:

Botón dereito (enriba da imaxe) -> gardar imaxe coma -> e logo elexir o camiño desexado. Por defecto coido que é:

%userprofile%\Datos de programa\Autodesk\AutoCAD LT 2007\R17.0\esp\Support\Icons

Cando edites a barra de ferramentas elexida, só tes que poñerlle un nome ó comando, pegar a macro que aparece a continuación e indicar o camiño da imaxe para a icona (eu poño a mesma nos dous casos ;-)).

^C^C_ucsfollow;1;_ucs;b;

E xa está.

Agora dando un click nese botón e seleccionando unha entidade (unha liña por exemplo), o debuxo xirará de xeito que estea paralelo a esa entidade, é para voltar ó debuxo á súa orientación e coordenadas orixináis só hai que facer scp u (_ucs _w) ou ben usar a icona equivalente.

Chuzame! chuzame -

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume