Xan
24
2007
Como xa comentaba, hai uns meses, a desaparición de VISTADIN (_DVIEW) da versión LT de AutoCAD foi unha p.... (cada un que pense o que queira). A solución que atopei é un sucedaneo, pero funciona, o que sí da e máis choio.
Na miña cruzada persoal por traballar pouco e facer o mesmo, decidín crear este botón para unha barra de ferramentas. Eu sonche máis de liña de comandos, pero se teño que usar dous comandos para facer o mesmo que cun botón, a decisión é doada.
Modifiquei esta icona cun F, para que lembrara Follow:
. Cada un que use a que máis lle guste ;-). Se queres descargar e usar esta:
Botón dereito (enriba da imaxe) -> gardar imaxe coma -> e logo elexir o camiño desexado. Por defecto coido que é:
%userprofile%\Datos de programa\Autodesk\AutoCAD LT 2007\R17.0\esp\Support\Icons
Cando edites a barra de ferramentas elexida, só tes que poñerlle un nome ó comando, pegar a macro que aparece a continuación e indicar o camiño da imaxe para a icona (eu poño a mesma nos dous casos ;-)).
^C^C_ucsfollow;1;_ucs;b;
E xa está.
Agora dando un click nese botón e seleccionando unha entidade (unha liña por exemplo), o debuxo xirará de xeito que estea paralelo a esa entidade, é para voltar ó debuxo á súa orientación e coordenadas orixináis só hai que facer scp u (_ucs _w) ou ben usar a icona equivalente.
chuzame -
Xan
22
2007
Ó igual ca última receita coas galletas mariñeiras, o nome desvela calquera misterio nos ingredentes e preparación. Igualmente haberá que contar un pouco de que vai o asunto, por se alguén se anima a emular os meus pasos. ;-).
Cortaremos o queixo de cabra en discos (eu merco un con presentación en rulo que facilita esta preparación).
Recomendo quentar o coitelo nun vaso de auga moi quente, para facilitar o corte.
A continuación espallamos un pouco de azucre moreno por riba do queixo, e coa pala de queimar procedemos ó caramelizado. Finalmente, adornamos cuns orellóns de pexego cortados en tiras, e damos outra pasada co soplete, para que desprenda máis aroma.

É moi doado de preparar, se cadra o máis complexo é atopar os orellóns, que non teñen nada que ver cos industriáis de albaricoque.
A miña teima con estas galletas, débese a que últimamente en calquera cea que facemos na casa, estámolas poñendo de aperitivo ou primeiro prato e a todo o mundo sorprenden. Esta presentación doce, combinada, por exemplo, coa anterior receita, son preludio dunha agradable velada.
chuzame -
Xan
21
2007
Descubrino, vía chuza.org, xa hai case 3 meses pero hai un par de días mandoume unha mensaxe para agradecerme os comentarios, e decidín facelo famoso ;-). Con toda a repercusión que ten este blog, penso que pode eclipsar mesmo a Ana María Ríos.
Andressolo ten un particular sentido do humor. Dígoo porque, en xeral, os dramas sono para todo o mundo, pero a comedia que conecta cuns, non ten gracia para outros.
Como el mesmo me contou, o máis simpático é que apesares de notarse ben que son caralladas (e estar etiquetado como comedy en youtube), sempre hai quen pensa que é en serio, vendo os comentarios que se anotan. É este un artista políglota e os seus videos son en galego, castelán e inglés. Velaí dous como mostra.
Resistencia culinaria
Nacionalismo Progresista
Se non ris con isto, esquécete desta anotación. Se coma min escachas, pasate polo youtube de Andressolo e suscribete como fixen eu. ;-)
chuzame -
Xan
20
2007
Onte dando unha volta pola tele, pasamos por VH1 e Flipside, o meu programa favorito desta canle. Oín ese riff que me tolea, e xa tiven que ver todo o video. 14 anos xa pasaron dende que se editou. Para min un clásico, digno de comezar unha nova sección.
Dinosaur Jr.
chuzame -
Xan
19
2007
Escaneado do L-V de hoxe. Por certo teñen a páxina web extremadamente abandonada... penso que ten un delay de 36 h.
Fixádevos ben, nela. Non ten desperdicio.

chuzame -