Xan 17 2007
Qué carallo come a xente?
Son bastante desordenado e non vou cambiar agora. Tentarei partir de varias ideas e chegar a unha conclusión ilóxica como sempre fago.
Idea 1
Os meus pais sempre se fixaron moito nos carros da compra. Dende que abriu o primeiro Alcampo en Coia (Vigo), é o meu pai o que fai unha compra mensual.
Lembro de pequeno que se alteraba todo, cando vía a nais dandolle chocolate e galletas ós rapaces. Paquetes que logo deixaban abertos en calquera sitio. Outro comentario habitual era o dos carros da compra, cun cacho de polo sifilítico (así lle chama el) e tomate de bote. Sempre falaban que esa xente ía ben vestida, tiña un bo coche, e saían a fin de semana, cousa que non tiñan os meus pais, pero o carro da compra érache ben distinto.
Idea 2
A raiz da lectura deste artigo de cocinalia, hai un programa máis que penso que nunca verei. Recomendo a súa lectura, porque non vou falar de algo que non vin, pero coa idea que me fixen podo respostar humildemente á súa pregunta:
-¿por qué resulta tan difícil usar el sentido común hoy en día?
-qué sentido común?
Idea 3
Un día de compras por Mercadona atopamos ovos cocidos. Vendían unha ducia de ovos xa cocidos. Asaltaronme dúas dúbidas.
- Tanto traballo é cocer un ovo?
- A quén se lle ocorrerá mercar un ovo xa cocido?
Pois ben, onte contaba unha compañeira de traballo que comera en pouco tempo. Quentou un bote de arroz, en dous minutos no microondas, picou un ovo cocido de Mercadona (xa coñezo alguén que os merca), e non sei que máis. Podedes imaxinar a miña cara, mentras o contaba, e cando comento as miñas dúbidas metafísicas cos ovos (que en realidade son as mesmas cas do arroz), xa salta outro compañeiro falando, que se a crema de cenouras de non sei quén, e a outra dí que se as lentellas de lata lle saben mellor cas súas... e en definitiva, unha espiral de despropósitos culinarios, que fan que me sinta un fora da lei, polas miñas afeccións culinarias.
Idea 4
Os meus pais non me daban habitualmente pastelería industrial, nin refrescos. Cando iamos de viaxe, a miña irmá e eu sempre bebiamos auga, na casa por descontado. Nos recreos mentres os meus compañeiros tomaban bolos de leite, cropanes, panteras rosas, e outras delicias, eu tomaba bocadillos de queixo de bola con doce de marmelo feito pola miña nai. En temporada, farteime de comer empanada de Lactarius Deliciosus (quen a collera agora), leite fritido e outras comidas coas que me castigaba a miña nai. Co bo que sería que me deran cartos para mercar o mesmo cos outros compañeiros! (iso pensaba eu, claro).
Corolario
- Si. Somos o que comemos.
- Gran parte do que son os fillos é culpa dos pais (para ben e para mal).
Cuestión de prioridades
Por qué non entendes que vaia a un bo resturante de cando en vez e viaxe o máis lonxe que podo, tendo un Corsa vello, mentras que tí sales todas as semanas, e tes un Golf novo?
A resposta da man do amigo Gourmet de Provincias.
chuzame - 




Resulta ser un 



