feb 02 2007
Seleccionando todo o debuxo
Estou a facer un curso chamado AutoCAD 2006 II (en realidade xa o acabei), impartido como teleformación polo IVAFE. Por unha banda paréceme un pouco unha perda de tempo, pero coma o último deste tipo que fixen foi da versión R14, e xa choveu, vai ser mellor para o meu curriculum vitae que meta un diplomiña de cando en cando. ;-).
Seica é a primeira vez que se fai este curso (pero se xa estamos na versión 2007!!!), ou polo menos esa é a explicación que me dou a titora. Ata o de agora, en 55 temas, xa levo 6 erros Shockwave, que me impediron continuar, noutros tantos temas, e correxín 4 preguntas dos test, así que ando a facer un control de calidade do curso de balde. Sobre o 8 de marzo teño un exame. Espero que a plantilla correctora estea mellor co curso...
Coma sempre falo de calquera cousa menos do que debo. Imos o choio. Algo que aprendín no curso é un xeito de seleccionar todo e debuxo.
Normalmente eu facía:
Zoom Extensión e una xanela cruzada (de dereita a esquerda), para seleccionar todo.
Os novos métodos que vin son o estandard e windows: CTRL+E
Este inserta un escape antes da selección polo que anula o comando en curso. Así o procedemento sería:
CTRL+E + <Comando>
Outro xeito que nunca vira, foi o de escribir na liña de comando: Todo (_All). Neste caso, funcionaría deste xeito:
<Comando> + Todo
A vantaxe deste xeito é que che informa do número de elementos seleccionados, de cantos están nunha pestana distinta da actual, do número deles que están nunha capa bloqueada, cousa que é moi importante no caso de desplazar ou copiar, por exemplo.
Vexamos unha captura que sempre axuda.

Supoño que é suficientemente explicativa.
Finalmente, notade que non terá en conta os elementos incluidos en capas inutilizadas. E agora a seleccionar coma tolos. ;-)
chúzame - 



