Feb 05 2007
Metbar
Cando un non espera nada, pode atoparse con sorpresas bastante agradabeis. Na nosa visita a Lugo do pasado decembro, non tiñamos previsto pasar polo Metbar; entre outras cousas, porque non coñeciamos a súa existencia doutras estancias anteriores. Pero ó noso amigo César lle dixeran que acababa de abrir un local novo e tiña ganas de probalo, así que aló nos fomos.
Situado na Ronda da Muralla, o Metbar é un local moderno, no que chama o primeiro que chama á atención é a decoración en branco e laranxa, e despois a cantidade de xente conectada a internet cos seus portátiles na parte adicada a bar, e na que ó día seguinte estivemos tomando un pincho. Supoño que alguén de pobo coma min o podería definir como "urbano".
Xa polo que se refire ó pequeno restaurante, decir que a súa carta non é moi extensa, nin especialmente espectacular, pero que pode ser unha boa opción para xantar ou cear algo a un prezo máis que razoábel.

Compartimos os tres dous primeiros: delicias de polo con salsa de mostaza e mel; prato este no que aínda que a salsa estaba moi boa (iso que non gosto moito do mel), o polo eran cachiños de peituga rebozados que dalgún xeito semellaba o que poñen nas hamburgueserías norteamericanas; e unha tosta (xenerosa) de queixo de cabuxa rebozado con culis de frambuesa, sabrosa e na que a acidez da froita facía un interesante contraste co queixo.
De segundos, Makeijan optou polos tacos de solombo ibérico con verduras perfumadas; de seguro un dos mellores pratos da carta, tanto polo sabor como pola abundancia. César decidiuse pola espetada de polo con arroz e champiñóns; moi bo segundo el, e cunha pinta xeitosa. I eu, polas anchoas con tomate confitado e reducción de Pedro Ximénez; sen dúbida, o máis frouxo dos tres, pois aínda que as anchoas eran dun tamaño xeitoso tiñan algunha que outra espiña de máis, o tomate confitado só se intuía, e o prato abuasaba ó meu entender da reducción do Pedro Ximénez.
Pratos que regamos con un Melquior Colección Familiar MMI, D.O. Rioja ecolóxico, que estaba realmente bo, e a un prezo máis que razoabel (9 euros, se non lembro mal).
De sobremesa, outra vez compartirmos prato: media de variados de postres, na que, como en moitos outros locais, se abusaba da nata montada, ó que para min resultou un tanto pesado.
Pero onde a fastidiamos foi nos cócteles. Como estabamos de festa, pareceunos unha boa idea tomar xa alí a primeria copa da noite: un erro. Eu pedín un cosmopolitan (as malas influencias de Sex and the city), pero non puido ser porque lles faltaba non lembro agora que ingrediente; así que o cambiei por un mojito nada conseguido (penso que ate a min, que non teño vena de barman, me tería saído mellor). Os deles, un daikiri e ...., tampouco subiron o nivel.
De todos os xeitos, e para un xantar ou cea sen grandes pretensións, o Metbar é un local recomendabel. Se non lembro mal, e quitando os cocteles, a cousa non chegou a 15 euros por cabeza; que tal como están as cousas, é de agradecer. Non todos os días pode un ir ós grandes restaurantes, por moito que quixera...
chuzame -





Joerrrr….,que buena pinta, “si po los ollos se comera non quedaba nin a coctelera”
Saludos
Jano