Brightstor ARCServe Backup bate co Internet Explorer 7
Problema
Un bo día da semana pasada fun comprobar os logs das copias de seguridade e atopeime con este erro:

Imposible crear el documento vacío.
Failed to create or open document. (en inglés)
Qué documento? Pensaba eu, ata que me din conta de que fixera recentemente unha actualización manual do servidor, e finalmente actualizara o IExplorer 7 e os Terminal Services á RDP 6 (a nova versión).
Non fun quen de amañalo.
Hoxe caeuse o servidor, e cando fun á consola a inicialo, fun ver que pasaba coa copia de seguridade e voilá!. Funcionaba, pero cando voltei o meu posto, seguía o mesmo erro. Nada, xa lle botei a culpa o TS. Busca por problemas co TS e o BAB e non apareceu ren.
A casualidade e paciencia (revisei a KB dos últimos dous meses), e apareceu. O problema era o Internet Explorer 7.
Solución
Xa me lio de máis. O artigo orixinal no CA Support KB é este.
Para os que non pillen ben o guiri, so hai que:
- Pechar a consola do BAB. (A icona administrador).
- Localizar no camiño de instalación (por defecto %Program Files%\CA\BrightStor ARCserve Backup) a librería psapi.dll a psapi.dll.org. Iso segundo os listos. A idea debe ser renomealo con calquera extensión para que non a atope a aplicación.
- Entrar na consola e listo.
Espero que lle sirva a alguén.