Feb 12 2007
Crónica social da II Xantanza de Blogogastrónomos Galegos
Na primeira blogoxantanza bulín para ser o primeiro en publicar e non ser influenciado pola lectura dos demáis blogueiros. Os miles de bits (chorros de tinta non procede nun blog, non si?) que imos ocupar coas nosas percepcións e sentimentos, facilitan a conversión das vivencias alleas, na nosas propias. Agora cando me atopo moi cerca dos lindeiros de Dona Curiosidade, apuro para deixar constancia do que vivín, e unha vez liberado de tan pesada carga, deleitarme coas opinións (por qué non dicilo) dos meus novos amigos.
O xantar en Casa Solla foi amplo e penso merece máis repouso, e algo de fame, para describilo. Onte tiven unha parrilada en Barro, que contrasta co día anterior, agás na fartura. Todo da casa. Porco e pucha. Pouco falta para que os gourmets profesionáis, valoren estes pequenos reductos de tradición e materias primas da calidade das que vos falo, nun mundo abocado á apocalipse da tortilla de patacas precociñada, a paella conxelada e a mahonesa de bote.
Mañá haberá tempo para iso.
Haberá que darlle otema, senon voulle quitar o posto de redactor incansable e dactilares máis sufridos, ó artífice, fundador, alma mater (xa non sei máis adxectivos) destas, xa clásicas, reunións: o Sr. Gourmet de Provincias.
Comezamos ou?
Facemolo con esta foto porque, modestia aparte, formo parte do selecto trío, que alá polas 12:30 se formou cando recollemos a Xosé Manoel na estación de Pontevedra e rematou ás 23:00, aproximadamente, no mesmo lugar, devolvendo o mesmo individuo á súa cidade de orixe. Un almorzo tardío, pero necesario para comenzar o noso particular periplo, vese ilustrado con esta pequena imaxe. Despóis de enganar á fame, camiñamos cara a zona vella pontevedresa onde como xa contaba onte, nos cruzamos cos primeiros lances do Entroido, na nosa entrada na Praza da Ferrería. Atravesamos fugazmente pola mesma, dado que a cita era ás 13:00 na Praza da Leña e xa chegabamos tarde.
Alí estaban Cesar e Chus esperando no Rianxo, cita organizada por moraiminha, e que se non fora porque vivo con ela, diría que lle foi levar ovos a Santa Clara, para que nos bendecira coa ausencia de chuva e agradable temperatura, que nos permitiu estar unha horiña tomando o aire, unhas cañas e os callos de rigor.

Cal pingueira de billa mal fechada, foron aparecendo todos os alí emprazados. Como se ve na foto da esquerda, as cámaras estaban presentes en primeira liña, e máis parecían as parellas dos seus donos que uns aparellos electrónicos. A culpa do mal é do propietario do obxectivo que se ve vislumbra na parte inferior dereita da foto, D. Manoel Foucellas, por organizar a I World Xantanza Photo. Debatemos de gastronomía (loxicamente), do tempo (inexplicablemente bo), de futuras xantanzas (non en van estabamos fronte un dos mellores restaurantes da cidade de Pontevedra: o Eirado da Leña), e así ata que chegou a hora de emprender camiño cara o noso destino.
Na casa de Pepe
Igual me tomo moitas confianzas, pero como ven dixen alí, estiven sentado á dereita de "El Padre", e teño 33 anos, así que blanco y en botella...
Para os que non estiveron nunca en Casa Solla, tentarei ilustrar o cadro. Ó entrar, a man dereita, hai un salón en tonos escuros, iluminación intima, con cómodos sofás e unha cheminea, onde se agarda a hora de xantar, e o finalizar podes tomar un café, unha copa e fumar (é o lugar habilitado para iso, o meu pesar). Ignorando o salón, e camiñando e liña recta está o comedor, cunha decoración máis minimalista. As inmensas fiestras o iluminan con luz natural, e por outro o tremendo escaparate da cociña, que por ir de día non luce tanto, pero nunha cea é como ter unha pantalla de cine por onde se deslizan os cociñeiros preparando os pratos que logo degustarás. Ben, no primeiro salón foi onde nos recibiu o senlleiro cociñeiro, e nos ofreceu un aperitivo mentres esperabamos ós que aínda faltaban.
Un remanso de paz, tomado por dezasete blogogastrónomos armados con cadansúa cámara fai tremer os cimentos de calquera casona galega, canto máis se entre saudarnos, sacar fotos ós aperitivos e degustar o D.O. Rías Baixas con que nos recibiron, non nos remexíamos. Calquera que fora alí por primeira vez, alleo á xantanza, quedaría asustado.
Arguiñano
Sen dúbida a anécdota da xantanza. Xa o principio alguén me comentou que estaba Yayo, eu entendín Yayo Daporta e xa estaba facendo as miña cábalas, pensando onde levariamos a Pepe Solla na III Xantanza, cando me correxiron indicando que era Karlos Arguiñano.
Cada un foi acercandose a velo no comedor, disimuladamente. Todo quedou aí, ata que rematou o seu xantar, e cando ía marchar, coido que foi Magago quen se acercou a el para pedirlle que sacara unha foto con nos.
Pois alí apareceu detrás de min, en persoa, cunha timidez que sorprendía, dicindo que non lle gustaban estas cousas, cando salta Sole berrando algo así coma:
¡Arguiñano eres el amor secreto de mi madre!
O pobre home non sabía onde meterse. Foi un momento Sole! ;-).
Aquilo abriu a veda. Todo o mundo que estaba mantendo a compostura, non o comentei pero o comedor estaba cheo, foron facerse fotos e saudalo. Os ricos tamén queren saudar ós famosos ;-).

Seica se sacaron fotos, pero eu non teño ningunha. Esta é de cando estabamos a colocarnos para a oficial (tomeina prestada).
Sobremesa con Pepe
Unha vez rematado o xantar, veu Solla pedirnos que o esperaramos un intre que unha vez nos dou de comer a nos, ía alimentar ó seu descendente máis novo. Un segredo: A súa receita para o biberón do seu fillo é: auga quente, 5 culleradas rasas... ;-).
Acompañado por unha copa de Brunheda Vintage 2000 - amostra do casco (isto xa o explicarei), senteime na compaña dos blogogastrónomos a tomar un café e rematar a xornada no salón que nos recibiu. Tiven a fortuna de que, como xa comentei antes, se sentara entre o Gourmet e eu que fuxía das chemineas humanas. Alí nos falou dalgún proxecto novo, pregunteille que comera Arguiñano, si se coñecían de antes, e sobre todo do seu estaxio en New York, cando estivo cociñando con outro grupo de cociñeiros galegos na O.N.U., tanto a experiencia profesional, coma a turístico-gastronómica (sobre os restaurantes que alí descubriu, etc.).
Fermosas historias para escoitar.
Fin de festa
Un grupo de irreductibles blogogastrónomos chegou a Pontevedra disposto a disfrutar dunha copa de fin de festa. O trío inicial, acompañados de Cesar e Chus, charlamos durante unha horiña máis nunha cafetería, e unha vez os amigos coruñeses marcharon cambiamos ó café del mundo, onde dimos os penúltimos coletazos, ata case as 23:00. Falando doutra das nosas afeccións, as viaxes, e a súa perfecta conxugación coa gastronomía.
Non todo foi bo
O que más me pesou foi non ter compartido mesa con máis xente, paseino estupendamente repetindo con Manoel Foucellas, a unha banda e Chus que foi a primeira blogogastronoma que coñecín xunto co seu home na primeira edición, pero coa que non falara moito pola situación na mesa. Tamén me tocou con 3 novatos. A Sra. de Foucellas, Geiko e o seu home, que resultou ser coñecido do traballo de Xosé Manoel, o mundo é máis pequeno do que parece. Nas sobremesas coido que se cambiou Sole por Geiko. Haberá que promover dende a organización este tipo de movementos para ampliar conversas. Apenas crucei unhas palabras coa outra nova fichaxe do clube, Xesús Fraga, e ó resto cos que non puiden falar todo o que me gustaría. Gourmet, Catuxa, Cocinalia, Ramom e Magago. Esperemos enmedalo na III.
Referencias, repercusión mediática e outras herbas
Remantando xa, publico as fontes de información gráfica:
- Grupo flickr de blogogastrónomos, onde espero que unha vez se peche a admisión no concurso chovan as contribucións, prometo que entre mañá e o día despóis que espero terminar con todo o que poida exprimir do tema, suba o resto das fotos alí.
- As de Manoel Foucellas
- As galerías do concurso World Xantanza Photo
E para finalizar as ligazóns a todas as crónicas sociáis que vaia atopando agora que vou lelas ;-).
Comezamos cos Blogogastrónomos:
- Pantagruel, Supongo
- Colineta
- Capítulo 0
- Gourmet de provincias y el perro gastrónomo
- De pinchos
- Cocinalia
- Deakialli Documental
E logo os medios tradicionáis:
- La Voz de Galicia. Ed. Pontevedra. Mención
- La Voz de Galicia. O artigo
- Cadena Ser - Santiago. Vía Colineta
Menuda parrafada...
chuzame -





[…] -II Xantanza: breve crónica aproximadamente social, do Gourmet de Provincias -A próxima, no Fogar do Santiso, de Miguel Vila, Colineta -Casa Solla: La II Xantanza se celebra en el cielo, de Manuel Foucellas -Poio: Solla, de Moraiminha -Casa Solla: Xantanza II, de xmanoel -Crónica social da II Xantanza de Blogogastrónomos Galegos, de Makeijan. -La Frase de la semana, de Catuxa […]
Parece que os habeis hecho famosos, sois todo un movimiento, eh? Enhorabuena.
Mira aquí:http://www.lavozdegalicia.es/se_sociedad/noticia.jsp?CAT=105&TEXTO=5545830
UN saludo
Iso parece. ;-)
A ver se podo retirarme do traballo e meterme a crítico.
“Estamos trabajando en ello…”
[…] Unha vez reamatada a crónica rosa. Chegou a hora do traballo serio. […]
[…] Como non teño ganas de que me traten coma un maleante (ainda que o sexa), e non sei como serán as vacacións este ano cos movemento que hai no meu traballo, lembrarei as historias que nos contou Solla no seu paso pola ONU. […]
[…] por — saomai 10:53 pm Febrero 12, 2007 Archivado como: eventos, Galicia, restaurantes del.ici.us| […]