Feb 19 2007
Isto é a guerra
A que da medo? ;-). Non é para tanto a cousa. Podería ser un campamento de revolucionarios terroristas, no medio dunha fraga, pero non somos máis ca un grupo de 24 resacosos tolos preparándonos para practicar paintball, e unha amable fotografo que se dignou inmortalizarnos ;-).

Temos unha voda esta fin de semana e o padriño, hai un par delas, tivo a ben organizar unha despedida de solteiro/a unitaria, xuntándonos á uns cantos invitados en Arbo. Como podedes imaxinar estivemos a darnos uns bolazos de pintura en Melgaço, como parte das actividades deste senlleiro evento.
O paintball é unha actividade que nunca practicara, e que semella máis violenta dende fora do que realmente resulta. Xogan un par de equipos, armados cuns trebellos chamadas marcadoras, como o seu propio nome indica son unha lanzadora de aire comprimido que dispara bolas de pintura feitas de xelatina dura que contén un colorante alimentario, polo que se vé completamente biodegradable. O resto do equipo está enfocado a que ninguén se manque nin se lixe. Máscaras, monos, peto, etc encárganse diso.
Hai un feixe de xogos distintos, pero o fundamento é que cando disparas, si estoupa a bola e lixas ó contrario este é eliminado da presente partida.

Para os que non me recoñezades, o pintas da dereita son eu ;-).
Uns conselliños para novatos coma min:
- Levade roupa cómoda, e aínda máis cómodo calzado. Si o campo de xogo é no monte, unhas botas de montaña non sobran.
- Unhas luvas. Normalmente non fan falla, pero se andas deitado polo chan, e se apoias unha man enriba dun toxo, como fixen eu, saberás que non están de máis.
- Facédelle casos ós árbitros, en especial nas normas de seguridade. Non quitar a máscara no medio do xogo, etc.
- Non disparedes dende moi perto. Teño visto uns moratóns tremendos de amigos, por uns simpáticos que disparan a pouca distancia do contrario.
- Levade ganas de pasalo ben.
Coma o meu choio, e actividades habituáis son bastante sedentarios, non zafei das maniotas. Pero morro por repetir, a experiencia. De feito estou a xuntar un grupo ben amplo para ir xogar, porque logo sempre falla a metade da xente, e xogar 4 pois non é moi divertido polo que nos comentaron os amigos de DraftZone que foron quen nos iniciaron neste novo vicio.
Máis nada coas ligazóns que poño xa hai para empezar a informarse, e nuns días publicarei unha nova entrega cos campos máis cercanos a Pontevedra para bater cos amigos sen marcarse.
chuzame -





[…] A verdade e que aínda non entendo como me coñeceu se só hai un par de fotos miñas no blog e a única que dí quen son é a do Paintball ;-). Mais quedade tranquilos que vou continuar cos pes no chan e non vou vender ningunha exclusiva… por de baixo de 6000 € Arquivado en: Persoal, Gastronomía O día 12 Marzo 2007 […]