feb 21 2007
Coucho de 3 cunchas
Sonche estas cousas da natureza. Hai uns días estiven na casa dos meus pais. Agasalláranos cunha saca chea de noces, e entre elas o meu pai atopou estas da foto. Dúas noces de 3 cunchas... son curiosas. Lémbranme uns limóns de que vin en cocinalia.

Por qué poño coucho?. Seica por Vila de Cruces lle chaman así as noces. Nunca oira tal, e só atopei unha referencia similar nesta anotación, así que se polo Incio tamén se dí, igual é cousa do interior.
chuzame -





En Beariz, cerca de San Amaro, provincia de Ourense, llaman coucho al erizo (cubierta de las castañas) y es el sobrenombre de la familia de mi suegro.
Qué curioso…. Eu son dos Ameixeiros de Piñeiros (Carnota).