Feb 23 2007
Česká republika (VII). Terezín (e 3)
O Ghetto
Despóis do paseo pola pequena fortaleza, fomos xantar. E finalizamos a tarde cunha visita ó museo do Ghetto.
Terezín é un pobo tranquilo, que collemos nun soleado día de outubro, e aínda puidemos deitarnos na herba deste parque a vexetar 10 minutiños. Moito boto de menos iso en Pontevedra, tan dificil será ter un parquiño así?
Finalmente saímos da gran fortaleza e diriximos ós nosos pasos ó cemiterio xudeu e o crematorio. A esa hora, un batallón de mosquitos tentaron impedirnos o paso. Afortunadamente non eran agresivos, porque aínda chegamos de volta a Praha con algún deles no coche, e as nosas epidermes non se resentiron.
Os cemiterios deste tipo, coa herbiña perfectamente cortada e as lápidas aliñadas transmiten unha sensación de paz, que difícilmente se atopa nos inquedantes camposantos galegos.

A paz convertese en desacougo, en canto entras no crematorio. Os nazis foron moi meticulosos nos seus obxectivos, e seica deixaron escrito todo canto fixeron. Ó parecer Terezin, non foi un campo da morte, coma Auschwitz II ou Treblinka. Os catro fornos que alí se atopan foron utilizados para incinerar cadaveres, pero aínda así non deixan de impresionar. Non teño ningunha foto do lugar, porque non se podían facer, e crédeme se vos digo, que non é unha cousa moi agradable de lembrar.
Na saída atopamos o pequeno cemiterio ruso, que ilustra a desenfocada foto da dereita. Para un día chegou ben de morte.
Hai moitas relixións que demandan dos seus fieis, en maior ou menor medida, peregrinar a lugares santos. O mundo occidental debería obrigar a todos os seus habitantes a pasar por algún destes campos para non esquecer nunca.
E aquí remata a excursión a Terezín.
chuzame -







Bueno, parece que lo has arreglado!
;-)
Noraboa!